Creador de
-
Nomeamento de Juan Calvelo como tutor e curador das súas sobriñas (1628)
-
Poder que outorga Ana Lorenzo ao seu marido Juan Rodríguez (1628)
-
Constitucións da confraría da Soidade da vila de Redondela (1628)
-
Venta que fai Domingos de Lusquiños a Francisco de Lusquiños, dunha renda por unha herdade (1628)
-
Hipoteca que fai sobre os seus bens mobles e raíces Gonzalo Bouzón (1628)
-
Orde que dá Juan Fajardo de Guevara, Capitán Xeral de Galicia (1628)
-
Testemuño dun requerimiento feito por Francisco Dalfaya, procurador xeral de Redondela (1628)
-
Foro perpetuo dunha casa na rúa da Carnicería, en Redondela (1628)
-
Venta dunha parte da herdade da ponte do Couto en San Cibrán de Paredes (1628)
-
Venta que fan Gonzalo Bouzón e a súa muller, veciños de San Sadurniño de Amoedo (1628)
-
Obriga de utilizar unha terra como paso para carretar esterco e paínzo (1628)
-
Testemuño a petición de María Vidal, veciña de San Martín de Berducido, contra Gonzalo do Río (1628)
-
Traspaso dun terreo na freguesía de San Román de Saxamonde (1665)
-
Venta da cuarta parte dunha casa e herdade "na Veiga do Cruceiro" (1665)
-
Concordia para retirarse dun preito pola posesión duns bens (1665)
-
Inventario dos bens mobles e raíces de Domingo da Vila, mareante, veciño de Redondela (1665)
-
Venta de parte dos oficios e escribanía de número da vila (1665)
-
Venta do souto e toxal chamado de "Agrochan" na freguesía de San Estevo de Negros (1667)
-
Venta da metade da herdade chamada "Pescadeira de Orneiros" na freguesía de Amoedo (1667)
-
Fianza para prover de víveres os hospitais reais de Tui (1667)
-
Poder de representación para comparecer ante o rei e o seu consello de guerra (1667)
-
Traspaso do foro da cavada e coutada do Lagoeiro na aldea de Vilar do Mato (1669)
-
Venta de varios bens na freguesía de Santiago de Borbén (1672)
-
Renuncia dun preito pola propiedade dunhas terras na freguesía de Santiago de Borbén (1672)
-
Testamento de Jacinto de Freijans, mareante, veciño da vila de Redondela (1672)
-
Venta da peza da herdade do Cobo incluída no Campo do Cobo en San Pedro de Cesantes (1681)
-
Traspaso dunha herdade na freguesía de Santisteban de Negros (1681)
-
Venta dunha parte e quiñón no Campo do Couto, na freguesía de San Andrés de Cedeira (1681)
-
Venta da metade da herdade Alén de Riba na freguesía de Santiago de Borbén (1705)
-
Venta da terceira parte do campo de Barciela en Matamá (1705)
-
Venta dunha parte de parra e horta na "del Cruseiro Viejo de la Esfarrapada" (1705)
-
Venta de parte dunha casa de soto e sobrado na rúa principal en Redondela (1705)
-
Venta de parte dunha casa terrea sita na Vilavella en Redondela (1705)
-
Troco de herdades nas freguesías de Reboreda e Soutomaior (1705)
-
Poder de representación nun preito co abade da freguesía de Santiago de Borbén (1705)
-
Venta dun anaco de viña e veiga que é foro da casa de Sotomayor (1705)
Casto Sampedro Folgar
Área de descrición
Datas de existencia 1848-1937
Historia Casto Sampedro Folgar, nado en Redondela o 15 de novembro de 1848 e finado en Pontevedra o 8 de abril de 1937, foi un folclorista e investigador da arqueoloxía galego. Os seus pais, Ramón Sampedro e Asunción Folgar, tiveron en total nove fillos dos cales Casto era o máis pequeno. A súa familia, era veciña desta vila e grazas aos estudos do propio Casto hai datos de abondo sobre a familia paterna, que investigou ansiosamente. Porén, só se coñece que a familia de súa nai procedía de Santiago de Compostela. Por parte do pai hai datos que indican que estaba afincada en Redondela e que aparecía moi unida á vila desde o século XVIII. Ademais hai que ter en conta que pola parte paterna xa desde o seu bisavó todos os homes da familia estiveron vinculados ao mundo das leis, dato importante e de sumo interese para a súa biografía. O autor comezou a carreira eclesiástica, como o seu irmán Ricardo, primeiro no Seminario de Tui e logo no de Ourense, lugar onde se inicia como músico. Á saída do Seminario vai á facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, rematando a licenciatura en 1872 e matriculándose como avogado en Redondela. En 1875 opúxose ás actitudes do xuíz de 1ª instancia e isto fixo que se trasladase á cidade de Pontevedra. Nesta cidade abriu o seu bufete e casou con Josefa Mon Landa, filla de Alejandro Mon Landa, coa que tivo sete fillos, ningún deles con descendencia e todos letrados. Na súa casa tiña un despacho onde se atopaba unha das mellores bibliotecas de Galiza con obras sobre arqueoloxía, historia e folclore. Alí, ademais, sucedían concorridos parladoiros de xente de pé que entraba e saía continuamente da casa do autor pontevedrés. Fundou a Sociedad Arqueológica de Pontevedra en 1894, lugar onde recuperou e axuntou valiosísimos fondos arqueolóxicos, epigráficos, heráldicos. Foi un grande erudito do seu tempo e un dos mellores formados, xa que tiña coñecementos das linguas clásicas, dominio da epigrafía e da paleografía, ademais de ser un excelente musicólogo. O Cancionero musical de Galicia foi un dos seus mellores traballos. Tamén foi o mellor heraldista galego da súa época. Interesouse moito polos distintos gremios, a súa forma de traballar, os contratos, o léxico que empregaban,... Entre os recoñecementos que aceptou, algo estraño porque non quería ningún tipo de recoñecemento público, destaca ser membro Numerario Fundador da Real Academia Galega, correspondente da de Historia e Belas Artes, presidente da Comisión de Monumentos, Cronista da Provincia e primeiro director do Museo Provincial de Pontevedra, Deputado Provincial e Vicepresidente da Corporación... Na súa personalidade destaca a súa modestia, xa que non lle gustaba participar en actos públicos, nin asinar as obras que el escribía, así como artigos. Por este motivo se conservan tan poucas obras del, xa que non se sabe con certeza cales foron as obras que eran propiamente súas. Si se sabe que son da súa autoría o Cancionero Musical de Galicia, algúns artigos e un poema en galego elaborado na súa época de mocidade, en 1872, en Vigo. Todo o labor realizado por Casto Sampedro Folgar tiña que ver co interese que lle suscitaba todo o que xiraba ao redor do coñecemento de tradicións, historia, cultura e antropoloxía en xeral. Por esta razón é moi comprensíbel que fose el e non outro a persoa que iniciou a recolleita do Cancionero Musical de Galicia. Todos os seus intereses encamiñábano a poder elaborar unha obra de tan grande magnitude. Mantiña unha actitude cordial coa xente da que adoitaba estar rodeado e unha especial relación con Víctor Said Armesto, a persoa que colaborou con el na elaboración do Cancionero Musical de Galicia. Por outra parte, el foi un dos que impulsou a famosos debuxantes e fotógrafos que por aquela época colaboraban na Sociedad Arqueológica con Casto Sampedro. Hoxe moitas das obras destes fotógrafos consérvanse, en certo sentido, grazas á figura deste autor. A nivel histórico, a figura de Casto Sampedro Folgar foi a continuación de Manuel Murguía, feito que indica a grande importancia que debía de ter o autor na época xa que foi considerado o sucesor de Murguía tras a súa morte. Por outra parte, mantivo tamén contacto con personaxes como Castelao, a quen animou a continuar co debuxo e coa arte da caricatura. Morreu na casa dos xardíns de Pontevedra que levan o seu nome o 8 de abril de 1937 con máis de 90 anos de idade.
Lugares Lugar de nacemento: Redondela Lugar de pasamento: Pontevedra
Área de control da descrición
Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)