ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Xulgado de paz de Moaña

Área de descrición

  • Datas de existencia 1870-

  • Historia Créase o xulgado de paz e o rexistro civil de Meira, no ano 1870 -pasando a denominarse en 1874 Moaña- con independencia dos órganos políticos locais que viñan desempeñando estas funcións, integrado na superior estructura do partido xudicial de Pontevedra, no que se mantén ó longo de todo este tempo ata a creación en 1988 do partido xudicial de Cangas no que pasa a integrarse. Ten un funcionamento continuado ata a actualidade con categoría de xulgado municipal ou xulgado de paz, quedando integrado no xulgado comarcal de Cangas dende o ano 1945 ata o 1953. O arquivo do xulgado ubícase na primeira planta dun local propio cunha superficie de 100 m2 e nun local dunha superficie de 15 m2 . Nela disponde unha estantería para o depósito dos fondos documentais, cun total de 30 metros lineais. O proceso de organización dos fondos desenvolveuse no ano 2002, baixo a dirección do Servizo Técnico do Patrimonio Documental, por Álvaro Rodríguez Cid e Eva González Rodríguez.

  • Lugares Galicia-Pontevedra-Partido xudicial de Cangas-Moaña

Área de control da descrición

  • Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)