Creador de
Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño
Área de descrición
Datas de existencia 1991-
Historia Os Estatutos da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño son elaborados pola Asemblea de concelleiros celebrada o día 30 de outubro de 1991 e constitúese a Mancomunidade en sesión especial o día 24 de febreiro de 1992. Está integrada polos concellos de: A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui. Inicialmente terá a súa sede ou enderezo social na casa do concello, no que o seu alcalde ocupa a presidencia. Os seus órganos de goberno son a Xunta de Goberno, O presidente e o vicepresidente.
Lugares Galicia - Pontevedra - Comarca do Baixo Miño -Guarda, A - Oia - Rosal, O - Tomiño - Tui
Área de control da descrición
Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)