Creador de
Padroádego Provincial de Turismo "Rías Baixas"
Área de descrición
Datas de existencia 1985-
Historia Procedeuse á constitución da Fundación Pública denominada "Padroádego Provincial de Turismo Rías Baixas", os estatutos do cal, despois de seren sometidos a información pública foron aprobados de forma definitiva en sesión plenaria celebrada o día 30 de maio de 1985. O Padroádego réxese por unha Xunta Reitora que preside o titular da Deputación e da cal forman parte como vogais seis deputados provinciais elexidos polo Pleno e un representante de cada unha das seguintes entidades: > Centros de Iniciativas e Turismo da provincia > Asociacións Empresariais de Hostelaría > Asociación Provincial de Axencias de Viaxes > Sindicatos con implantación no gremio > Delegación Provincial de Pontevedra da Consellaría de Turismo, Mocedade e Deportes da Xunta de Galicia > Unha persoa natural ou, no seu caso, o representante da persoa xurídica que, polos seus servizos á provincia de Pontevedra, en materia de turismo, sexa elexido polos restantes membros da Xunta. Actuará como Secretario o da Deputación, ou funcionario de carreira en quen delegue. A realización das actividades propias da Fundación e a súa administración, correrán a cargo dun Administrador nomeado pola Xunta Reitora, mediante acordo adoptado por maioría absoluta, e que para ter plena executividade ten de ser ratificado polo Pleno. Como órgano de goberno, funciona un Consello Executivo permanente, constituído polo Presidente e dous vogais. Recentemente desaparece como organismo autónomo e créase como Servizo propio dentro da estrutura administrativa da Deputación.
Lugares Galicia - Pontevedra
Área de control da descrición
Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)