Fondos
ES.GA.36055.AM.TUI.2. CÁRCERE DO PARTIDO XUDICIAL DE TUI
CÁRCERE DO PARTIDO XUDICIAL DE TUI
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36055.AM.TUI.2
Título CÁRCERE DO PARTIDO XUDICIAL DE TUI
Data(s) 1881-1960 (Creación) 1881-00-00 - 1960-00-00 (Produción)
Volume e soporte 41 unidades de instalación
Área de contexto
Nome do produtor Cárcere do Partido Xudicial de Tui. Xulgado de Tui(1881-1960) Para a clasificación dos fondos elaborouse un cadro de clasificación, a partir de dúas grandes seccións: a administración da cárcere e o control dos reclusos. Logo a propia realidade documental plásmase nas diferentes series documentais.
Institución arquivística Arquivo municipal de Tui
Historia arquivística Este conxunto documental ía a ser destruído e foi recollido por un funcionario municipal, historiador e investigador local, Aquilino Iglesias, hoxe falecido, Foi depositado sen ningún tratamento técnico en dependencias do propio concello e posteriormente trasladado ó arquivo municipal. No recente proceso de reorganización de fondos e de actualización levado a cabo polo Servicio Técnico do Patrimonio Documental procedeuse á organización e descrición deste fondo, independente do pertencente ó propio concello.
Forma do ingreso Por ingreso extraordinario.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Documentación de interese para o coñecemento da realidade carceraria no Partido Xudicial de Tui, con información continuada, especialmente sobre os reclusos, dende 1897 ata 1960 figurando en diversas series documentais, tanto de expedientes (follas histórico-penais de penados, expedientes persoais de reclusos, expedientes procesais de reclusos, pases de penados, mandamentos de prisión y de liberdade e notificacións acordos de prisión e liberdade), coma de rexistros ( libro de entrada e saída de presos, libro rexistro de presos con condena de arresto maior, libro rexistro de presos preventivos).
Valoración, selección e eliminación Foi necesario eliminar unha pequena parte do conxunto documental tendo en conta o seu pésimo estado de conservación que impedía a súa utilización e afectaba ó resto da documentación.
Novos ingresos Non está previsto recibir novos ingresos neste fondo.
Organizació
Para a clasificación dos fondos elaborouse un cadro de clasificación,a partir de dúas grandes seccións: a administración da cárcere e o control dos reclusos. Logo a propia realidade documental plásmase nas diferentes series documentais. Cadro de clasificación 1.- ADMINISTRACIÓN 1.1. CORRESPONDENCIA 1 Correspondencia 2 Libro rexistro da correspondencia de saída 3 Estatísticas sobre a poboación reclusa 4 Libro menor da Sociedade "Antolín Silva" 1.2. CONTABILIDADE 1 Formularios de distribución de fondos 1.3. PATRIMONIO 1 Inventarios de utensilios, mobiliario e outros 1.4. PERSOAL 1 Libro de servizos do persoal da cárcere 2.- RÉXIME PENITENCIARIO 2.1. ORDES DE PRISIÓN E LIBERDADE 1 Pases de penados 2 Mandamentos de prisión e de liberdade 3 Notificacións de acordos de prisión e liberdade 2.2. CONTROL DE PENADOS 1 Expedientes persoais de reclusos 2 Expedientes procesais de presos 3 Follas histórico-penais de penados 4 Libro diario de socorros a reclusos 5 Libro rexistro de presos preventivos 6 Libro de entrada e saída de presos 7 Relación de presos e transeúntes 8 Libro rexistro de presos con condena de arresto maior
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
Condicións de reprodución A reproducción está limitada polas condicións de conservación
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun mal estado de conservación en boa parte do mesmo, afectado principalmente pola humidade e a suciedade froito do desamparo sufrido ó longo de moitos anos..
Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel e informatizados. Inventario somero en papel, publicado e informatizado, cun total de 48 rexistros. Inventario detallado en ficha e informatizado, cun total de 196 rexistros.
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Non se coñecen
Existencia e localización de copias Non se coñecen
Unidades de descrición relacionadas Non se coñecen
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Cárcere do Partido Xudicial de Tui. Xulgado de Tui (Tema) (Creador)