Fondos
ES.GA.36006.AMANC.SAL. MANCOMUNIDADE DO SALNÉS
MANCOMUNIDADE DO SALNÉS
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36006.AMANC.SAL
Título MANCOMUNIDADE DO SALNÉS
Data(s) 1985-2005 (Creación) 1985-00-00 - 2005-00-00 (Produción)
Volume e soporte 453 unidades de instalación con 1.163 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Mancomunidade do Salnés(1986-) A Mancomunidade do Salnés crease o 30 de diciembre de 1986, integrada inicialmente polos concellos de Cambados, O Grove e Vilanova de Arousa, aos que posteriormente se unirían os de Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo e, por último, A Illa de Arousa (1999) e Vilagarcía de Arousa (2000). Por Orde de 1 de xullo de 2004 (DOG nº 131) se modifican definitivamente os seus estutos, que foran aprobados inicialmente en 1988. Ten a súa sede actualmente en Cambados, no Centro Comarcal Expo-Salnés. Os seus órganos son o presidente, o vicepresidente, a xunta da mancomunidade e a comisión executiva.
Institución arquivística Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Historia arquivística Fondo documental depositado no arquivo municipal de Cambados, sede inicial da mesma, no que foi organizado no ano 2004 polo Servicio Técnico do Patrimonio Documental coa intención do seu traslado posterior á sede da Mancomunidade. Unha vez disposta a sede na antiga casa de cultura da vila de Cambados destínase parte da superficie do baixo cuberta para arquivo documental, dotada dos equipamentos necesarios para este fin e das condicións de habitabilidade que garanten a conservación da documentación. Nesta sala instalase a documentación que xa se organizara e ali se transfire a nova documentación recibida ou xenerada nos últimos anos.
Forma do ingreso Por transferencia directa e irregular ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Documentación resultante da xestión e servicios recentes desta Mancomunidade, cun caracter eminentemente administrativo e restrinxido ó seu ámbito xeográfico. Destaca a documentación derivada do control da xestión económica e a relacionada co desenvolvemento dos diversos plans, proxectos e escolas-taller.
Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.
Organizació
CADRO DE CLASIFICACIÓN 1.- GOBERNO 1.1.- MANCOMUNIDADE 1.2.- PRESIDENTE 1.3.- COMISIÓN DE GOBERNO/XUNTA DE GOBERNO 1.4.- COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS 2.- ADMINISTRACIÓN 2.1.- SECRETARÍA 2.2.- REXISTRO 2.3.- PATRIMONIO 2.4.- PERSOAL 2.5.- SERVIZOS XURÍDICOS 2.6.- CONTRATACIÓN 2.7.- ARQUIVO 3.- SERVIZOS 3.1.- OBRAS E URBANISMO. 3.1.1.- PLANIFICACIÓN: 3.1.2.- PLANS E PROXECTOS 3.1.3.- OBRAS PROPIAS 3.1.4.- OBRAS PARTICULARES 3.2.- SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS 3.3.- ABASTECEMENTOS E CONSUMOS 3.4.- TRANSPORTES 3.5.- SEGURIDADE CIDADÁ 3.6.- SANIDADE 3.7.- BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL 3.8.- EDUCACIÓN 3.9.- CULTURA 3.10.- DEPORTES 4.- FACENDA 4.1.- INTERVENCIÓN 4.1.1.- ASUNTOS XERAIS 4.1.2.- PRESUPOSTOS ORDINARIOS 4.2.- FINANCIAMENTO E TRIBUTACIÓN 4.3.- TESOURARÍA
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
Condicións de reprodución Reprodución libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación.
Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados. Inventario somero en papel, publicado e informatizado, cun total de 501 rexistros. Inventario detallado en ficha e informatizado, cun total de 1.218 rexistros.
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo da mancomunidade.
Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).
Unidades de descrición relacionadas Arquivo Deputación. Fondos do Servizo de Cooperación
Ãrea de notas
Nota O arquivo da Mancomunidade supón un sistema arquivístico simple, coa función de recoller, conservar e servir a documentación xerada no decurso da xestión administrativa nas oficinas do concello. Carece aínda dunha estructura propia e diferenciada que nos permita considerar a existencia dun arquivo na totalidade e amplitude do termo.
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Mancomunidade do Salnés (Tema) (Creador)