ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.965
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.660

Expediente de información do concello a Ecoembes para realizar a recollida selectiva de cartón (2012)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36001.AM.ARB.2.GF002.F0008.SF092.S0708.2.565/4

  • Título Expediente de información do concello a Ecoembes para realizar a recollida selectiva de cartón (2012)

  • Data(s) 2012 (Creación)

  • Volume e soporte 1 agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Arbo(1936-2015) O concello de Arbo encrávase no sur de Galicia, con fronteira con Portugal que discorre ó longo do río Miño. Pertence xeograficamente á comarca do Paradanta xunto cos concellos lindantes de Crecente, A Cañiza e mais o de Covelo; xudicialmente intégrase no Partido de Ponteareas logo da supresión do Partido Xudicial da Cañiza. Conta cun total de 144 entidades de poboación dispersas en seis parroquias diferentes: Arbo, Barcela, Cabeiras, Cequeliños, Mourentán e Sela, nas que residen ó redor de cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían de dúas xurisdiccións: a rexentada polo marqués de la Sierra, que abarcaba as parroquias de Cequeliños e Mourentán; e a do conde de Salvaterra, que incluía as parroquias de Arbo, Barcela, Cabeiras e Sela. No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegan a existir os de Barcela, Arbo e Alveos ata a definitiva proposta de 1836 pola que xorden dentro do partido xudicial da Cañiza, entón establecido, os concellos de Arbo, Covelo, A Cañiza e Crecente. O concello de Arbo mantense dende aquela ata a actualidade coa mesma disposición xeográfica e integrada polo mesmo número de parroquias.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Arbo

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente de información por parte do concello de Arbo a Ecoembalajes España, S.A. da empresa designada para realizar a recolida selectiva de cartón no concello de Arbo a partir do 1 de xuño de 2012 dentro do Convenio Marco de colaboración entre a Xunta de Galicia e Ecoembes. Empresa designada: Servizo de Contenedores y Tratamiento de Residuos, S.L. (Sercon, S.L.).

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Arbo (Tema) (Creador)

Área de control da descrición