ATOPO
Rexistros actuais: 1.638.792
Obxectos dixitais dispoñibles: 505.521

Expediente LIII Festa da Lamprea (2013)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36001.AM.ARB.2.GF003.F0011.SF117.S0929.2.585/1

  • Título Expediente LIII Festa da Lamprea (2013)

  • Data(s) 2013 (Creación)

  • Volume e soporte 1 agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Arbo(1936-2015) O concello de Arbo encrávase no sur de Galicia, con fronteira con Portugal que discorre ó longo do río Miño. Pertence xeograficamente á comarca do Paradanta xunto cos concellos lindantes de Crecente, A Cañiza e mais o de Covelo; xudicialmente intégrase no Partido de Ponteareas logo da supresión do Partido Xudicial da Cañiza. Conta cun total de 144 entidades de poboación dispersas en seis parroquias diferentes: Arbo, Barcela, Cabeiras, Cequeliños, Mourentán e Sela, nas que residen ó redor de cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían de dúas xurisdiccións: a rexentada polo marqués de la Sierra, que abarcaba as parroquias de Cequeliños e Mourentán; e a do conde de Salvaterra, que incluía as parroquias de Arbo, Barcela, Cabeiras e Sela. No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegan a existir os de Barcela, Arbo e Alveos ata a definitiva proposta de 1836 pola que xorden dentro do partido xudicial da Cañiza, entón establecido, os concellos de Arbo, Covelo, A Cañiza e Crecente. O concello de Arbo mantense dende aquela ata a actualidade coa mesma disposición xeográfica e integrada polo mesmo número de parroquias.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Arbo

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente LIII Festa da Lamprea.
    Contén:
    - Anulación temporal de garaxes.
    - Autorización foguetes.
    - Autorizacións de instalacións para habilitar estacionamentos.
    - Actas e bases do concurso de carteis da LIII Festa da Lamprea e XLIII Festa da Lamprea Seca e bases do concurso de redaccións.
    - Invitacións a acta da Festa da Lamprea.
    - Invitacións, menú e prezo do xantar de homenaxe a Raiña Lamprea (de pago).
    - Invitacións, menú e prezo do xantar de homenaxe a Raiña Lamprea (gratis).
    - Pases azuis.
    - Presuposto de publicidade da LII Festa da Lamprea.
    - Contrato menor para aluguer de carpas e codeiras Festa da Lamprea adxudicado a Cary Palbo, S.L.
    - Tarxetas de adegas, viñotecas e restaurantes.
    - Libro da Festa da Lamprea e anuncios 2013.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Arbo (Tema) (Creador)

Área de control da descrición