ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.906
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Expediente de eleccións municipais (2015)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36001.AM.ARB.2.GF003.F0010.SF112.S0906.2.603/1

  • Título Expediente de eleccións municipais (2015)

  • Data(s) 2015 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Arbo(1936-2015) O concello de Arbo encrávase no sur de Galicia, con fronteira con Portugal que discorre ó longo do río Miño. Pertence xeograficamente á comarca do Paradanta xunto cos concellos lindantes de Crecente, A Cañiza e mais o de Covelo; xudicialmente intégrase no Partido de Ponteareas logo da supresión do Partido Xudicial da Cañiza. Conta cun total de 144 entidades de poboación dispersas en seis parroquias diferentes: Arbo, Barcela, Cabeiras, Cequeliños, Mourentán e Sela, nas que residen ó redor de cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían de dúas xurisdiccións: a rexentada polo marqués de la Sierra, que abarcaba as parroquias de Cequeliños e Mourentán; e a do conde de Salvaterra, que incluía as parroquias de Arbo, Barcela, Cabeiras e Sela. No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegan a existir os de Barcela, Arbo e Alveos ata a definitiva proposta de 1836 pola que xorden dentro do partido xudicial da Cañiza, entón establecido, os concellos de Arbo, Covelo, A Cañiza e Crecente. O concello de Arbo mantense dende aquela ata a actualidade coa mesma disposición xeográfica e integrada polo mesmo número de parroquias.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Arbo

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente de eleccións municipais. Contén: - Representantes administración. - 2ª circular (impresos e papeletas). - Constitución agrupación de electores. - Locais municipais. - Certificado xeral de perceptores. - Inventario de material e material entregado. - Locais de mítins e propaganda electoral. - 3º circular (Accesibilidade). - 1ª circular (ficha de contacto do Secretario). - Instrucións económicas. - "Conoce" (Instrución electoral). - Reclamacións ó censo. - Solicitude de uso de Centro Multiusos do concello de Arbo para o 15 de marzo de 2015, solicitado por Fabiola Durán Pedrosa (Concelleira non adscrita) e José Álvarez Domínguez (Concelleiro do BNG). - Solicitude de uso de Centro Multiusos do concello de Arbo para o 3 de maio de 2015, solicitada por Xavier Simón Fernández, Fabiola Durán Pedrosa e Manuel Álvarez Groba.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Arbo (Tema) (Creador)

Área de control da descrición