ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.906
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Expediente de adxudicación do contrato de servizo de mantemento da piscina municipal de verán

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36001.AM.ARB.2.GF001.F0003.SF029.S0267.2.647/2

  • Título Expediente de adxudicación do contrato de servizo de mantemento da piscina municipal de verán

  • Data(s) 2014 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Arbo(1936-2015) O concello de Arbo encrávase no sur de Galicia, con fronteira con Portugal que discorre ó longo do río Miño. Pertence xeograficamente á comarca do Paradanta xunto cos concellos lindantes de Crecente, A Cañiza e mais o de Covelo; xudicialmente intégrase no Partido de Ponteareas logo da supresión do Partido Xudicial da Cañiza. Conta cun total de 144 entidades de poboación dispersas en seis parroquias diferentes: Arbo, Barcela, Cabeiras, Cequeliños, Mourentán e Sela, nas que residen ó redor de cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían de dúas xurisdiccións: a rexentada polo marqués de la Sierra, que abarcaba as parroquias de Cequeliños e Mourentán; e a do conde de Salvaterra, que incluía as parroquias de Arbo, Barcela, Cabeiras e Sela. No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegan a existir os de Barcela, Arbo e Alveos ata a definitiva proposta de 1836 pola que xorden dentro do partido xudicial da Cañiza, entón establecido, os concellos de Arbo, Covelo, A Cañiza e Crecente. O concello de Arbo mantense dende aquela ata a actualidade coa mesma disposición xeográfica e integrada polo mesmo número de parroquias.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Arbo

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente de adxudicación do contrato do servizo de mantemento, limpeza e atención das instalacións da piscina municipal de verán de Arbo, incluida a xerencia do bar, durante a tempada 2014, a Almudena Riveiro Pérez. Contén: - Contratación de dous socorristas a tempo parcial do 28 de xuño o 7 de setembro: * Blanca Estévez González. * Diego Fernández Martínez. Solicitude de autorización sanitaria de reapertura das instalacións de psicinas de uso colectivo. - Analíticas da auga das piscinas. - Proposta de optimización da pista de tenis.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Arbo (Tema) (Creador)

Área de control da descrición