Fondos
-
S0600. Subvención recibida pola corporación local doutra administración
2.649/6. Expediente de solicitude de subvención a entidades locais para a adquisición de desfibriladores
Expediente de solicitude de subvención a entidades locais para a adquisición de desfibriladores
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36001.AM.ARB.2.GF001.F0006.SF076.SF077.S0600.2.649/6
Título Expediente de solicitude de subvención a entidades locais para a adquisición de desfibriladores
Data(s) 2015 (Creación)
Volume e soporte 1 agrupación documental
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Arbo(1936-2015) O concello de Arbo encrávase no sur de Galicia, con fronteira con Portugal que discorre ó longo do río Miño. Pertence xeograficamente á comarca do Paradanta xunto cos concellos lindantes de Crecente, A Cañiza e mais o de Covelo; xudicialmente intégrase no Partido de Ponteareas logo da supresión do Partido Xudicial da Cañiza. Conta cun total de 144 entidades de poboación dispersas en seis parroquias diferentes: Arbo, Barcela, Cabeiras, Cequeliños, Mourentán e Sela, nas que residen ó redor de cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían de dúas xurisdiccións: a rexentada polo marqués de la Sierra, que abarcaba as parroquias de Cequeliños e Mourentán; e a do conde de Salvaterra, que incluía as parroquias de Arbo, Barcela, Cabeiras e Sela. No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegan a existir os de Barcela, Arbo e Alveos ata a definitiva proposta de 1836 pola que xorden dentro do partido xudicial da Cañiza, entón establecido, os concellos de Arbo, Covelo, A Cañiza e Crecente. O concello de Arbo mantense dende aquela ata a actualidade coa mesma disposición xeográfica e integrada polo mesmo número de parroquias.
Institución arquivística Arquivo municipal de Arbo
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Expediente de solicitude de subvención a entidades locais da provincia de Pontevedra con poboación inferior a 20.000 habitantes para adquisición de desfibriladores, o mantemento, reparación de instalacións deportivas e espazos públicos e adquisición de material deportivo e ocio inventariable durante o exercicio 2015 da Deputación de Pontevedra. Contén: - Documentación xustificativa da adquisición de ordenador para centro multiusos. - Documentación xustificativa da reforma de acometida e liña de derivación en campo de fútbol de Arbo.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Arbo (Tema) (Creador)