Fondos
1. Expedientes de asistencia social
Expedientes de asistencia social
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36006.AMANC.SAL.3.7.1
Título Expedientes de asistencia social
Data(s) 1995-2003 (Creación)
Volume e soporte 2 unidade de instalación con 7 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Os expedientes de asistencia social abranguen de novo un amplo listado de series específicas que se poden xerar no seu seo, seguindo Os expedientes de prestación social como expedientes tramitados polas mancomunidades para atender calquera tipo de demanda asistencial dos seus veciños -orfos, anciáns, menores, discapacitados, pobres, entre outras moitas-, por si ou ante outras administracións, entendendo o concepto de prestación social en sentido amplo. Os expedientes de adxudicación e rehabilitación de vivendas, elaborados coa finalidade de adxudicar as vivendas de protección oficial e similares por parte das mancomunidades así como de tramitar axudas para rehabilitar vivendas en estado precario ou con propietarios con escasos recursos económicos, independentemente do organismo de que proveñan. Expedientes de subvencións, nos cales habería que encadrar toda aquela documentación referente á tramitación de subvencións por parte das corporacións locais ante outras administracións co obxectivo de financiar os seus programas de asistencia social. En moitas ocasións, os centros sociais como por exemplo centros da terceira idade, centros de día, residencias de anciáns, etc..., dependen organicamente ddas mancomunidades polo cal xeran unha documentación específica cun desenvolvemento especial en función das súas actividades que debe ser organizada e descrita segundo esas características peculiares. O mesmo podemos dicir das fundacións, promovidas e patrocinadas polas mancomunidades como un medio de involucrar a outros sectores e organismos sociais, públicos ou privados, para potenciar a atención e cobertura das demandas existentes nos municipios en materia de asistencia social.
Ãrea de notas
Nota