Fondos
ES.GA.36740.AMANC.BM. MANCOMUNIDADE INTERMUNICIPAL DO BAIXO MIÑO
MANCOMUNIDADE INTERMUNICIPAL DO BAIXO MIÑO
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36740.AMANC.BM
Título MANCOMUNIDADE INTERMUNICIPAL DO BAIXO MIÑO
Data(s) 1990-2008 (Creación) 1990-00-00 - 2008-00-00 (Produción)
Volume e soporte 44 unidades de instalación con 287 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño(1991-) Os Estatutos da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño son elaborados pola Asemblea de concelleiros celebrada o día 30 de outubro de 1991 e constitúese a Mancomunidade en sesión especial o día 24 de febreiro de 1992. Está integrada polos concellos de: A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui. Inicialmente terá a súa sede ou enderezo social na casa do concello, no que o seu alcalde ocupa a presidencia. Os seus órganos de goberno son a Xunta de Goberno, O presidente e o vicepresidente.
Institución arquivística Arquivo da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño
Historia arquivística Coincidindo coa situación da sede da institución no concello de Tomiño procédese á centralización da documentación e o seu proceso de organización e descrición. O fondo documental depositado no Concello de Tui é trasladado no ano 2009 ó arquivo municipal de Tomiño, onde será organizado, descrito e instalado por Roberto Rodríguez Álvarez, técnico do Servizo Técnico de Patrimonio Documental da Deputación. Desta maneira o fondo documental centralízase pasando a estar depositado, como fondo independente, nunha das salas do baixo cuberta, destinadas a arquivo municipal. Está dotada dos equipamentos necesarios para este fin e das condicións de habitabilidade que garanten a conservación da documentación
Forma do ingreso Por transferencia directa no ano 2009 ó arquivo municipal de Tomiño no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo coa escasa frecuencia do uso administrativo
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Documentación resultante da xestión e servizos recentes desta Mancomunidade cun carácter eminentemente administrativo e restrinxido ó seu ámbito xeográfico. Destaca a documentación derivada do control da xestión económica e relacionada con desenvolvemento dos diversos proxectos.
Valoración, selección e eliminación A pesar da existencia de manuais e estudos de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a da limpeza dos expedientes sacando duplicado, fotocopias e documentación de apoio informativo (publicacións periódicas, boletíns, folletos …) así como clips, gomas.
Novos ingresos Transferencias periódicas anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental da Deputación Provincial de Pontevedra
Organizació
CADRO DE CLASIFICACIÓN 1.- GOBERNO 1.1.- MANCOMUNIDADE 1.2.- PRESIDENTE 1.3.- COMISIÓN DE GOBERNO/XUNTA DE GOBERNO 1.4.- COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS 2.- ADMINISTRACIÓN 2.1.- SECRETARÍA 2.2.- REXISTRO 2.3.- PATRIMONIO 2.4.- PERSOAL 2.5.- SERVIZOS XURÍDICOS 2.6.- CONTRATACIÓN 2.7.- ARQUIVO 3.- SERVIZOS 3.1.- OBRAS E URBANISMO. 3.1.1.- PLANIFICACIÓN: 3.1.2.- PLANS E PROXECTOS 3.1.3.- OBRAS PROPIAS 3.1.4.- OBRAS PARTICULARES 3.2.- SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS 3.3.- ABASTECEMENTOS E CONSUMOS 3.4.- TRANSPORTES 3.5.- SEGURIDADE CIDADÁ 3.6.- SANIDADE 3.7.- BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL 3.8.- EDUCACIÓN 3.9.- CULTURA 3.10.- DEPORTES 4.- FACENDA 4.1.- INTERVENCIÓN 4.1.1.- ASUNTOS XERAIS 4.1.2.- PRESUPOSTOS ORDINARIOS 4.2.- FINANCIAMENTO E TRIBUTACIÓN 4.3.- TESOURARÍA
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Documentación de carácter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativas vixentes
Condicións de reprodución Reprodución libre a solicitude do interesado coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación
Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel (publicado) e informatizados. Inventario somero en papel (publicado) e informatizado, cun total de 80 rexistros. Inventario detallado en ficha e informatizado, cun total de 287 rexistros
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fóra do arquivo da Mancomunidade
Existencia e localización de copias Non se coñecen
Ãrea de notas
Nota O arquivo da Mancomunidade supón un sistema arquivístico simple, coa función de recoller, conservar e servir a documentación xerada no decurso da xestión administrativa nas oficinas do concello. Carece aínda dunha estrutura propia e diferenciada que nos permita considerar a existencia dun arquivo na totalidade e amplitude do termo
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Mancomunidade España Galicia Pontevedra Oia
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Guarda, A Tui Tomiño Rosal, O Oia
Nome dos puntos de acceso Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño (Tema) (Creador)