Fondos
- ES.GA.36740.AMANC.BM. MANCOMUNIDADE INTERMUNICIPAL DO BAIXO MIÑO 
MANCOMUNIDADE INTERMUNICIPAL DO BAIXO MIÑO
Área de identificación
- Código(s) de referencia ES.GA.36740.AMANC.BM 
- Título MANCOMUNIDADE INTERMUNICIPAL DO BAIXO MIÑO 
- Data(s) 1990-2008 (Creación) 1990-00-00 - 2008-00-00 (Produción) 
- Volume e soporte 44 unidades de instalación con 287 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade 
Área de contexto
- Nome do produtor Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño(1991-) Os Estatutos da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño son elaborados pola Asemblea de concelleiros celebrada o día 30 de outubro de 1991 e constitúese a Mancomunidade en sesión especial o día 24 de febreiro de 1992. Está integrada polos concellos de: A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui. Inicialmente terá a súa sede ou enderezo social na casa do concello, no que o seu alcalde ocupa a presidencia. Os seus órganos de goberno son a Xunta de Goberno, O presidente e o vicepresidente. 
- Institución arquivística Arquivo da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño 
- Historia arquivística Coincidindo coa situación da sede da institución no concello de Tomiño procédese á centralización da documentación e o seu proceso de organización e descrición. O fondo documental depositado no Concello de Tui é trasladado no ano 2009 ó arquivo municipal de Tomiño, onde será organizado, descrito e instalado por Roberto Rodríguez Álvarez, técnico do Servizo Técnico de Patrimonio Documental da Deputación. Desta maneira o fondo documental centralízase pasando a estar depositado, como fondo independente, nunha das salas do baixo cuberta, destinadas a arquivo municipal. Está dotada dos equipamentos necesarios para este fin e das condicións de habitabilidade que garanten a conservación da documentación 
- Forma do ingreso Por transferencia directa no ano 2009 ó arquivo municipal de Tomiño no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo coa escasa frecuencia do uso administrativo 
Área de contido e estrutura
- Alcance e contido Documentación resultante da xestión e servizos recentes desta Mancomunidade cun carácter eminentemente administrativo e restrinxido ó seu ámbito xeográfico. Destaca a documentación derivada do control da xestión económica e relacionada con desenvolvemento dos diversos proxectos. 
- Valoración, selección e eliminación A pesar da existencia de manuais e estudos de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a da limpeza dos expedientes sacando duplicado, fotocopias e documentación de apoio informativo (publicacións periódicas, boletíns, folletos …) así como clips, gomas. 
- Novos ingresos Transferencias periódicas anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental da Deputación Provincial de Pontevedra 
- Organizació - CADRO DE CLASIFICACIÓN 1.- GOBERNO 1.1.- MANCOMUNIDADE 1.2.- PRESIDENTE 1.3.- COMISIÓN DE GOBERNO/XUNTA DE GOBERNO 1.4.- COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS 2.- ADMINISTRACIÓN 2.1.- SECRETARÍA 2.2.- REXISTRO 2.3.- PATRIMONIO 2.4.- PERSOAL 2.5.- SERVIZOS XURÍDICOS 2.6.- CONTRATACIÓN 2.7.- ARQUIVO 3.- SERVIZOS 3.1.- OBRAS E URBANISMO. 3.1.1.- PLANIFICACIÓN: 3.1.2.- PLANS E PROXECTOS 3.1.3.- OBRAS PROPIAS 3.1.4.- OBRAS PARTICULARES 3.2.- SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS 3.3.- ABASTECEMENTOS E CONSUMOS 3.4.- TRANSPORTES 3.5.- SEGURIDADE CIDADÁ 3.6.- SANIDADE 3.7.- BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL 3.8.- EDUCACIÓN 3.9.- CULTURA 3.10.- DEPORTES 4.- FACENDA 4.1.- INTERVENCIÓN 4.1.1.- ASUNTOS XERAIS 4.1.2.- PRESUPOSTOS ORDINARIOS 4.2.- FINANCIAMENTO E TRIBUTACIÓN 4.3.- TESOURARÍA 
Área de condicións de acceso e utilización
- Condicións que rexen o acceso Documentación de carácter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativas vixentes 
- Condicións de reprodución Reprodución libre a solicitude do interesado coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade 
- CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación 
- Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel (publicado) e informatizados. Inventario somero en papel (publicado) e informatizado, cun total de 80 rexistros. Inventario detallado en ficha e informatizado, cun total de 287 rexistros 
Área de documentación
- Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fóra do arquivo da Mancomunidade 
- Existencia e localización de copias Non se coñecen 
Ãrea de notas
- Nota O arquivo da Mancomunidade supón un sistema arquivístico simple, coa función de recoller, conservar e servir a documentación xerada no decurso da xestión administrativa nas oficinas do concello. Carece aínda dunha estrutura propia e diferenciada que nos permita considerar a existencia dun arquivo na totalidade e amplitude do termo 
Puntos de acceso
- Puntos de acceso de materias Mancomunidade España Galicia Pontevedra Oia 
- Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Guarda, A Tui Tomiño Rosal, O Oia 
- Nome dos puntos de acceso Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño (Tema) (Creador) 
 
 