Fondos
SECRETARÍA
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36740.AMANC.BM.2.1
Título SECRETARÍA
Data(s) 1991-2007 (Creación) 1991-00-00 - 2007-00-00 (Produción)
Volume e soporte 2 unidades de instalación con 4 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A función fundamental desenvolta pola secretaría dende o século XIII é a de asegurar a fe pública, vixiando a legalidade dos actos e dos documentos administrativos producidos. Así en relación con elo dende sempre aparece a figura do secretario como principal responsable da produción e conservación documental e como figura preeminente dentro da estrutura administrativa. Ao longo do século XIX e XX foise consolidando a figura do secretario con estas funcións anteditas e reforzouse a súa presenza na tramitación dos expedientes xerados polos diversos servizos da administración local; esta xefatura virtual de tódolos servizos xerais desaparecerá a partires de 1985. Documentalmente esta 1ª División de sección contén documentos da secretaría xerada para deixar constancia e comunicación das actividades levadas a cabo pola secretario municipal no exercicio das súas funcións: informes, libro de rexistro de entrada, correspondencia, certificacións, memoria e outros asuntos derivados da organización administrativa da Institución.
Organizació
Esta 1ª división de sección, SECRETARÍA, está organizada nas seguintes series documentais: 2.- ADMINISTRACIÓN 2.1.- SECRETARÍA 2.1.1.- Correspondencia 2.1.2.- Certificacións 2.1.3.- Memorias. Informes
Ãrea de notas
Nota