Fondos
-
S0865. Expediente de solicitude de subvencións de desenvolvemento local e emprego
6.022/1. Expediente de colaboración social para adscripción de traballadores para unha obra ou servizo determinado
Expediente de colaboración social para adscripción de traballadores para unha obra ou servizo determinado
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36054.AM.TOM.2.GF002.F0009.SF107.S0865.6.022/1
Título Expediente de colaboración social para adscripción de traballadores para unha obra ou servizo determinado
Data(s) 2011 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Tomiño(1836-) O concello de Tomiño está situado no sur da provincia de Pontevedra, a carón do último tramo do río Miño que lle serve de fronteira con Portugal; ten unha superficie superior ós 102 quilómetros cadrados, cun total de quince parroquias nas que se asentan 134 entidades de poboación diferenciadas e algo máis de dez mil habitantes, o que supón unha densidade de poboación superior ós 103 habitantes por quilómetros cadrados, superior á media galega. O territorio do actual concello de Tomiño distribuíase antes do seu establecemento constitucional en oito xurisdiccións diferentes: as de Amorín, Barrantes, Currás, Forcadela, Goián, Sobrada, Tebra e Tomiño, dependentes do bispo e cabido de Tui, dos propios veciños, da Encomenda de Beade e de varios señores. Nos períodos de vixencia constitucional anterior a 1836 contémplase a existencia de varios concellos distintos neste territorio; en concreto no ano 1821 existían os de Tebra, Barrantes, Amorín, Sobrada, Tomiño e Goián. Na definitiva reforma do ano 1836 estableceuse a creación inicial deste concello dentro do Partido Xudicial de Tui e integrado polas parroquias de Tomiño, Barrantes, Figueiró Estás, Goián, Piñeiro, Sobrada, Taborda, Forcadela, Amorín, Currás, Santa María de Tebra, Pinzás, San Salvador de Tebra e Vilameán, cun total de 8.115 almas. Foron moitos os intentos que nestes anos se produciron para formar novos concellos segregando parte das parroquias que o integran. Empezaron xa no ano 1839 cando os veciños de Goián intentan crear un municipio independente; esta tentativa repítese en 1844 polos mesmos veciños e, ó mesmo tempo, polos de Sobrada, Piñeiro e Taborda que tamén buscan crear un concello propio. En 1847 serán os veciños de Sobrada, Piñeiro, Currás Amorín e Taborda os que soliciten formar concello diferenciado. Por outra parte foron varios os intentos de formar entidades locais menores en diferentes parroquias do concello, todos eles sen froito permanente ningún. Todo isto deriva na existencia actual do mesmo concello, formado por igual número de parroquias e co mesmo territorio ca no ano 1836.
Institución arquivística Arquivo municipal de Tomiño
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Expediente de colaboración social ao abeiro do Real Decreto 1445/1982 para adscripción de traballadores para unha obra ou servizo determinados, autorizada pola Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar para: - Limpeza de diversas instalacións municipais: - Peón limpeza: María del Carmen Álvarez López do 14/12/2011 ó 31/12/2011. - Protección da seguridade e dos consumidores: - Conserxe: Lidia Cerviño Vilanova, do 1/04/2011 ó 30/06/2011 e do 01/07/2011 ó 31/08/2011. - Reforzo de servizos administrativos varios B. - Técnica Administrativa: Elena María Carrera Álvarez, do 01/07/2011 ó 30/08/2011 con prórroga ata o 31/08/2011. - Auxiliar Administrativa: María Carmen Lago Pérez do 01/07/2011 ó 14/08/2011 con prórroga ata o 31/08/2011. - Técnica Administrativa: Elvira Fernández Gómez do 01/07/2011 ó 07/08/2011, con prórroga ata o 31/08/2011. - Saneamento e protección do medio ambiente. - Oficial administrativa: Marta Domínguez Calvo, do 17/01/2011 ó 4/02/2011 e do 1/07/2011 ó 7/08/2011 con prórroga ata o 31/08/2011. - Peón: Manuel Fontaiña Rodríguez, do 17/01/2011 ó 21/04/2011 con prórroga ata o 31/08/2011. - Peón: Emilio Vicente Pacheco, do 17/01/2011 ó 30/03/2011 e do 5/04/2011 ó 30/06/2011, con prórroga ata o 31/08/2011. - Organización de actividades diversas: - Técnica administrativa: Elvira Fernández Gómez do 10/05/2011 ó 30/06/2011, con prórroga ata o 31/08/2011. - Protección da seguridade e dos consumidores: - Auxiliar Administrativo: Vanessa Pereira das Dores, do 21/01/2011 ó 31/03/2011. - Mantemento de rúas e camiños veciñais e outras instalacións municipais: - Peón: José Luis Vázquez Calvo, 22/03/2011 ó 30/06/2011. - Peón: Feliciano Fernández Rodríguez, 22/03/2011 ó 19/06/2011. - Peón: María Milagros Dantas Rodríguez, do 22/03/2011 ó 30/06/2011. - Peón: Carlos Benítez González, do 22/03/2011 ó 30/06/2011. - Peón: Jonathan Alonso Riveiro, do 22/03/2011 ó 24/04/2011. - Peón: Juan José Alonso Tejido, do 22/03/2011 ó 06/04/2011. - Peón: Jesús Carrera Álvarez, do 22/03/2011 ó 30/06/2011. - Oficial 1ª electricista: David González Moreira, do 22/03/2011 ó 30/06/2011. - Oficial 2ª albanel: Oscar Vilariño Diego, do 22/03/2011 ó 25/04/2011.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Tomiño (Tema) (Creador)