Fondos
ES.GA.36003.AM.BAI.HIS. BAIONA. DOCUMENTACIÓN HISTÓRICA
BAIONA. DOCUMENTACIÓN HISTÓRICA
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36003.AM.BAI.HIS
Título BAIONA. DOCUMENTACIÓN HISTÓRICA
Data(s) 1320-1972 (Creación) 1320-00-00 - 1972-00-00 (Produción)
Volume e soporte 92 unidades de instalación; 1.699 expedientes ou agrupacións documentais
Área de contexto
Nome do produtor Hospital Sancti Spiritus (Baiona)(1458-1912) Avila y Lacueva, que pasou a súa vida entregado ao estudo da zona sur de Pontevedra, no tomo 2° da súa obra Historia Civil y Eclesiástica de la ciudad de Tuy y su obispado (inexplicablemente inédita desde o ano 1852) ao referirse a Baiona achéganos os datos máis antigos coñecidos do Hospital de Sancti Spiritus. Di: " ... también goza la Villa de un Hospital de pobres regularmente dotado con la invocación de Sancti Spiritus, el que antiguamente estuvo dividido en dos, el uno con dicho título, y el otro con el de Sta. María Magdalena según consta por el testamento que otorgó María Alfonso mujer de Vasco Yáñez vecina de la villa de la Guardia en el año 1458, pues en él deja algunas limosnas a ambos hospitales por las siguientes cláusulas: ltem mando al Hospital de Sancti Spiritus de Bayona; Item mando al otro Hospital de Sta. María Magdalena que está cerca de Sta. María de Bayona, cuyo testamento existe en el archivo de la casa de los Correas Señores de Goyán donde lo hemos leído". O primitivo Hospital de Sancti Spiritus estaba situado no que se denominaba Vila Vella, que viña albergar no século XVI e metade do XVII o maior grupo de poboación, e situábase no que hoxe chamamos campo da Palma, entre o convento de monxas dominicas e as murallas do recinto fortificado de Monterreal. Para asegurar a defensa da fortaleza, entre 1664 e 1665 levouse a cabo o derribo de máis de 400 casas que constituían a citada Vila Vella. Con anterioridade fórano o templo da Misericordia, o hospital Sancti Spiritus e a Casa Consistorial. A decadencia de Baiona faise máis patente aínda: de 2.000 veciños (uns 10.000 habitantes) que tiña na súa época de esplendor (século XVI), redúcese agora, con motivo dos derrubamentos, a 240. En 1671 foi adquirida a dona Grimanesa Pereira de Castro, viúva do capitán Gerónimo Gómez de Meneses, unha casa con horta detrás e con saída á rúa Costanilla (hoxe M. Valverde ou do Hospital) por 400 ducados de vellón para Hospital de pobres do Espírito Santo. O licenciado e mordomo do Hospital, Juan Pereira Gallegos, principal artífice da citada compra, pagou en 1679 ao canteiro Domingo Fernández 816 reais por facer a parede frontispicio e entrada da porta principal do hospital. Desta data máis ou menos debe ser a construción da espadana ou campanario, así como a unión dos dous hospitais que cita Avila y Lacueva, o de Santa María Magdalena, que ben podería ser a casiña que fai esquina co patio interior pero sen horta (casa B no plano), e a casa adquirida (A no plano), de meirandes dimensións e con horta. Ao ano seguinte, en 1680, os frades de San Juan de Dios, que desde moi antigo rexentaban este establecemento, cedérono ao Concello para que o administrase. Daba sustento e aloxamento a oito pobres. O hospital de Sancti Spiritus tiña unha confraría do mesmo nome que o gobernaba, e cónstanos que xa existía en 1585, segundo documentos do arquivo dos A confraría do Apóstolo Santiago, que xa existía en 1571 segundo Herminio Ramos, posuía unha horta fronte á Colexiata, de par do hospital de Sancti Spiritus, onde se situaba o hospitaliño chamada de Santiago, que servía para dar abeiro aos peregrinos e pobres. Con toda seguranza, este hospitaliño con horta, onde existe hoxe unha vella e alta palmeira, sería o que figura como casa C nos planos que se acompañan do estado anterior á última reforma para a creación da Casa da Cultura. Con motivo das reformas que se ían realizar no hospital de Sancti Spiritus, por encontrarse xa en ruína desde 1779, foi doada esta horta e hospitaliño ao antedito hospital en 1796, quedando así ampliado o solar ao que se nos ofrece na actualidade. Madoz, no seu Diccionario geográfico estadístico de 1856, dinos que en Baiona se sostén un hospital que presta de continuo os seus auxilios a 405 enfermos. É de supor que fosen anuais. O hospital sostíñase principalmente de doazóns e esmolas, así como das rendas que lle producían as súas propiedades repartidas en todo o Val Miñor (hortas, viñedos, etc.). O corso de Baiona contribuía así mesmo ao seu sostemento. José de Santiago e Ulpiano Nogueira, no seu libro Bayona, antigua y moderna, de 1902, fannos o seguinte relato: "El modesto edificio tiene un espacioso patio y un huertecito contiguo; reina un perfecto aseo y limpieza en todos sus departamentos. Recordando su advocación del Espíritu Santo, existe sobre la puerta principal un pequeño camarín y hornacina que contenía una paloma radiante, símbolo del nombre que lleva el hospital". O 9 de xaneiro de 1907, por R. O. do Ministerio de Gobernación, é declarado de beneficencia municipal e administrado polo Concello. Polo 1912 as freiras franciscanas hospitalarias da Inmaculada Concepción instálanse nel para a asistencia e coidado de pobres e enfermos, e ultimamente dedicábanse ao ensino de párvulos.
Institución arquivística Arquivo municipal de Baiona
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Colección documental conservada no concello de Baiona, antigamente non moble de arquivo, restaurado anos atrás, de gran beleza e que se atopà exposta nas dependencias da casa do concello. O maior volume documental corresponde a documentación conservada do antigo Hospital Sancti Spiritus de Baiona, que veu funciondo durante séculos, relativa á súa organización, ás contas e realide económica, débedas, rendas e posesións, a diferentes preitos e a propia actividade benéfica e asistencial. Inclúe algúns dos documentos máis antigos que se conservan na provincia, destacando os privilexios reais ou diversa documentación relacionada coa vida municipal e veciñal nos séculos XVII e XVII preferentemente. Outro grupo importante esta relacionado coa actividade xudicial e a conservación de distintas normativas emitidas polas administracións de rango superior nos séculos XVII e XIX. Un pequeno grupo documental fai referencia a Canarias, formando unha colección documental heteroxénea de orixe impreciso. Moita desta documentación ten un mal estado de conservación que nalgúns casos dificulta enormenente o seu uso e consulta.
Organizació
BAIONA. DOCUMENTACIÓN HISTÓRICA 1. HOSPITAL SANCTI SPÍRITUS DE BAIONA 1.1. Organización e réxime interno 1.2. Débedas 1.3. Rendas e posesións 1.4. Actividade benéfica 1.5. Preitos 1.6. Contas 1.7. Correspondencia e documentación varia 2. RÉXIME XERAL 2.1. Privilexios da vila 2.2. Impostos señoriais 2.3. Veciñanza 2.4. Arquivo municipal 3. VIDA MUNICIPAL 3.1. Propios e arbitrios 3.2. Pontes 3.3. Gremios e confrarías 3.4. Informacións de Fidalguía e limpeza de sangue 3.5. Vida relixiosa 3.6. Visitas de termo 3.7. Porto 3.8. Obras municipais 3.9. Montes 3.10. Pesca 3.11. Policía 3.12. Patrimonio municipal 3.13. Muíños 3.14. Feiras e mercados 3.15. Contas municipais 3.16. Ensinanza: Obra Pía de D. Lorenzo de la Carrera 3.17. Cárcere 3.18. Camiños veciñais 3.19. Beneficencia 3.20. Bancos 3.21. Consumos 3.22. Contribucións e impostos 4. VIDA MUNICIPAL EN RELACIÓN CO ESTADO E A PROVINCIA 4.1. Guerra 4.2. Cartas, Ordes: Lotarías 4.3. Cartas, Ordes: Papel selado 4.4. Cartas, Ordes: Universidades 4.5. Cartas, Ordes: Varios 4.6. Cartas, Ordes: Xustiza 4.7. Cartas, Ordes: Rendas provinciais 4.8. Cartas, Ordes: Quintas 4.9. Cartas, Ordes: Política 4.10. Cartas, Ordes: Gandaría 4.11. Cartas, Ordes: Industria 4.12. Cartas, Ordes: Mercados 4.13. Cartas, Ordes: Moeda 4.14. Cartas, Ordes: Montes 4.15. Cartas, Ordes: Obras 4.16. Cartas, Ordes: Artesáns 4.17. Cartas, Ordes: Asuntos eclesiásticos 4.18. Cartas, Ordes: Banco Nacional de San Carlos 4.19. Cartas, Ordes: Camiños veciñais 4.20. Cartas, Ordes: Comercio 4.21. Cartas, Ordes: Contribucións 4.22. Cartas, Ordes: Colleitas 4.23. Cartas, Ordes: Policía 4.24. Cartas, Ordes: Contadoría de propios e arbitrios. 4.25. Cartas, Ordes: Correos 4.26. Cartas, Ordes: Ensino 4.27. Cartas, Ordes: Correspondencia diversa 5. XUSTIZA 5.1. Reais provisións 5.2. Protocolos e escrituras varias 5.3. Causas de oficio 5.4. Preitos civís 5.5. Preitos criminais 6. DOCUMENTACIÓN EN MAL ESTADO 6.1. Documentación en mal estado 7. DOCUMENTACIÓN SOBRE CANARIAS 7.1. Documentación sobre Canarias
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Baiona
Nome dos puntos de acceso Hospital Sancti Spiritus (Baiona) (Tema) Concello de Baiona (Tema) (Creador) (Creador)