ATOPO
Rexistros actuais: 1.103.516
Obxectos dixitais dispoñibles: 416.326

Fondos

IRMANDADE SINDICAL DE LABREGOS E GANDEIROS DE MONDARIZ-BALNEARIO (1944-1982) (1944-00-00-1982-00-00)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES ES.GA.36031.AMMONBAL.2

  • Título IRMANDADE SINDICAL DE LABREGOS E GANDEIROS DE MONDARIZ-BALNEARIO (1944-1982) (1944-00-00-1982-00-00)

  • Data(s) 1944-1982 (Creación) 1944-00-00 - 1982-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 28 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Irmandade Sindical de Labregos e Gandeiros de Mondariz-Balneario(1944-1982) Un dos organismos administrativos presentes no concello durante o período franquista, con continuidade funcional tamén na democracia, foi a Irmandade de Labradores e Gandeiros en concepto de representante legal dun sistema de organización sindical agrario que atopaba nas delegacións locais das irmandades unha vía para atender o conxunto da poboación ó mesmo tempo que permitía canalizar os intereses e necesidades corporativos do sector.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Mondariz-Balneario

  • Historia arquivística A Irmandade sindical de labradores e gandeiros de Mondariz-Balneario carecía de local propio e utilizaba para o desenvolvemento das súas actividades un local cedido na primeira planta da propia casa do concello, compartindo ó mesmo tempo medios humanos durante a súa existencia, o que motivou que se conservara a práctica totalidade do seu patrimonio documental xunto co da entidade local. O arquivo municipal atópase na casa do concello, edificio exento con baixo, de extraordinaria altura e dotado dunha relevante arcada, e dúas plantas, unha delas parcialmente abufardada; o interior deste edificio foi recentemente rehabilitado na súa meirande parte; acolle esta edificación os diferentes servicios municipais así como a biblioteca, gardería, museo e sala de exposicións. O local específico do arquivo atópase nunha sala rectangular do baixo cuberta, a carón da sala de exposicións. Un espacio de corenta metros cadrados, dotado de cento cinco metros lineais de estantes metálicos, capacidade suficiente para os fondos existentes na actualidade. Conta con mesa de consulta e equipamentos adecuados; a documentación gárdase en caixas de cartón ríxido. Como consecuencia da actividade da Irmandade xerouse unha documentación que, conservada parcialmente no caso de Mondariz-Balneario, foi obxecto de tratamento nos meses de marzo e abril do ano 2003 por parte do Servicio Técnico do Patrimonio Documental.

  • Forma do ingreso Transferencia irregular.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A documentación da Irmandade sindical de agricultores e gandeiros de Mondariz-Balneario xa se atopaba instalada no local do arquivo municipal en calidade de fondo independente e cunha disposición física diferenciada, en caixas de cartón ríxida e cun inventario mínimo que xeneralizaba sobre o contido de cada unidade de instalación. Tras concluír os traballos de organización e descrición dos fondos documentais conservados inventariouse un total de 28 unidades de instalación que abranguen un período cronolóxico amplo, acorde coa traxectoria funcional do organismo, que vai dende 1947 ata o 1982. A pesar deste amplo espacio temporal, o groso do conxunto documental corresponde ó período comprendido entre principios dos 50 e 1977 data en que as irmandades sindicais son relevadas polas novas cámaras agrarias, sendo moi minoritaria a partir desa data. Dentro do conxunto documental destaca polo seu volume a serie 2.1, que engloba tanto a correspondencia e os oficios e circulares, especialmente en relación a diversos organismos agrarios (C.O.S.A., Xefatura Agronómica, Mutualidade Social Agraria), coma as certificacións, comparecencias (necesarias para diversas cuestións do Censo Laboral Agrícola) e os partes estatísticos de actividades solicitados pola superioridade. En segundo lugar, dentro da sección de Servicios, comparte preponderancia cuantitativa a serie 3.1, que corresponde á documentación xerada pola Corresponsalía Local da Mutualidade Agraria, a cal supón a meirande parte do conxunto, que dispón ademais de testemuños completo das sesións da súa Comisión Local (1961-1978). Entres os diferentes servicios cómpre destacar a relativa ás actuacións dos diferentes grupos de colonización, con importantes actuacións en obras de regadío, a abundante documentación electoral (1957-1978) e a relativa á Cooperativa do Campo de “Nuestra Señora de Lourdes” (1948-1952) que inclúe o libro rexistro de socios. En canto á sección 1 de Goberno ten unha presencia importante, tanto polas actas co Cabido, conservadas con continuidade dende 1952 ata 1977, como as das asembleas plenarias, da xunta rectoras de “Hermandad “ou do Comité Executivo da Cámara Agraria así como dun bo número de comisións diversas.Por último, a sección 4 de Facenda está razoablemente ben conservada posto que comprende o presuposto dende os anos 1944 deica 1982 así coma os padróns da derrama agrícola (1953-1971), padrón de servicios e documentación de recadación ó pé doutra máis incompleta (contas bancarias, facturas...). En canto á organización documental, todas estas seccións atópanse correctamente dispostas e estructuradas para o seu uso e manexo cunha completa gama de instrumentos de descrición que permiten a súa valoración e recuperación como son o cadro de clasificación do arquivo co seu correspondente inventario somero así como unha descrición máis pormenorizada a nivel expediente en moitas series consultables tanto no propio concello coma na Deputación Provincial de Pontevedra, en soporte papel (fichas) e informático en base de datos.

  • Novos ingresos Fondo documental pechado por ter desaparecido xa este órgano.

  • Organización

    CADRO DE CLASIFICACIÓN
    
    1.- GOBERNO
    
    1.1. CABILDO / PLENO
    .Asemblea Plenaria
    .Libro de actas do Cabido da Irmandade Sindical de Labradores e Gandeiros
    .Xunta Rectora da Irmandade Sindical de Labradores e Gandeiros
    .Actas do Cabido da Irmandade Sindical de Labradores e Gandeiros
    .Cargos da Irmandade
    .Actas Comité Executivo Cámara Agraria
    .Libro rexistro de socios da Irmandade
    
    1.2. COMISIÓNS E XUNTAS
    .Xuntas Parroquiais da Irmandade Sindical de Labradores e Gandeiros
    .Actas Asemblea de Regantes
    .Libro de actas Comisión local da MNPSA
    .Actas Comisión local da MNPSA
    .Libro de actas da Xunta local de seguros sociais
    .Actas da Xunta local de seguros sociais
    .Libro de actas Xunta rectora cooperativa "Nuestra Señora de Lourdes"
    .Libro actas Xunta xeral cooperativa "Nuestra Señora de Lourdes"
    
    1.3. PRESIDENTE
    .Bandos
    
    2.- ADMINISTRACIÓN
    2.1. SECRETARÍA
    .Correspondencia
    .Circulares
    .Estatísticas e memorias
    .Certificacións
    
    2.2. REXISTRO
    .Libro rexistro de entrada de documentos
    
    2.3. PATRIMONIO.CONTRATACIÓN
    .Expedientes de patrimonio
    .Expedientes de contratación
    
    2.4. PERSOAL
    
    3.- SERVIZOS
    3.1. SEGURIDADE SOCIAL AGRARIA.MUTUALIDADE
    
    3.2. CENSOS AGRARIOS
    .Censos agrícolas
    3.3. ELECCIÓNS
    
    3.4. TRIBUNAL XURADO
    
    3.5. OBRAS E SUBVENCIÓNS
    .Expedientes de obras
    .Expedientes de subvencións
    
    3.6. GRUPO DE COLONIZACIÓN
    .Expedientes Grupos de Colonización
    
    3.7. CRÉDITOS AGRÍCOLAS
    .Expedientes Crédito Agrícola
    
    3.8. ACTIVIDADES DESENVOLVEMENTO AGROPECUARIA E RURAL
    
    3.9. SOCIEDADES AGRARIAS DE TRANSFORMACIÓN
    
    3.10. SERVIZOS NACIONAL DO TRIGO
    
    3.11. CAMPAÑAS AGRÍCOLAS
    
    3.12. FORMACIÓN AGROPECUARIA
    
    3.13. DEFENSA PRAGAS. SEGUROS AGRARIOS. MUTUAS GANDEIRAS
    
    3.14. COOPERATIVAS
    .Cooperativa "Nuestra Señora de Lourdes"
    .Libro rexistro de socios Cooperativa
    
    3.15. GANDERÍA. CAZA E PESCA. MONTES
    
    3.16. AUGA
    
    3.17. GARDERÍA RURAL
    
    4.- FACENDA
    4.1. ORZAMENTO ORDINARIO
    
    4.2. RECADACIÓN
    .Contas de recadación. Radróns de derrama
    
    4.3. CONTAS BANCARIAS. FACTURAS
    .Recibos, contas bancarias e facturas

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.

  • Condicións de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.

  • Características físicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.

  • Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados. Inventario somero en papel, publicado e informatizado, cun total de 28 unidades de instalación.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Pode localizarse abundante documentación derivada da directa relación existente no arquivo da Cámara Agraria Provincial, especialmente das actas dos órganos de goberno, presupostos, patrimonio ou circulares.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen.

  • Unidades de descrición relacionadas Non se coñecen.

Puntos de acceso

Área de control da descrición

  • Identificador da institución DEPO00200083317