ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

ARQUIVO MUSICAL

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.56.

  • Título ARQUIVO MUSICAL

  • Data(s) 1300-00-00 - 2016-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte Varios expedientes ou agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Museo de Pontevedra(1927-) O Museo de Pontevedra foi creado pola Deputación Provincial a proposta dos deputados Gaspar Massó, César Lois e Alfredo Espinosa o 30 de decembro de 1927. Nacemento Nacía, tal e como se recolle no preámbulo da moción fundacional, para completar o labor levado a cabo pola Sociedad Arqueolóxica de Pontevedra, institución creada en 1894 por D. Casto Sampedro y Folgar, á que acabará sucedendo e da que recibirá unha extraordinaria colección de obras de arte, pezas arqueolóxicas, documentos, libros e fotografías tras a súa extinción o 30 de decembro de 1937 a raíz do falecemento do seu creador. Na moción fundacional encoméndaselle a xestión do Museo a un Padroádego composto por dez membros. Para a instalación do Museo adquiriuse no mes de maio de 1928 a D. Casimiro Gómez un fermoso edificio do século XVIII, levantado por José de Castro Monteagudo, situado no centro histórico da cidade. Coidaron con agarimo da súa axeitada restauración, dirixida por Juan Argenti, arquitecto, Francisco Javier Sánchez Cantón e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, os tres integrantes do primeiro Padroádego do Museo. Compoñían ese Padroádego, ademais das tres persoas citadas, Daniel de la Sota, presidente da Deputación e, como tal, presidente tamén do colectivo xestor; Casto Sampedro, director; Gerardo Álvarez Limeses, vicedirector (será director accidental dende o 9 de abril de 1937, tras o falecemento de Casto Sampedro, ata o seu propio pasamento, acaecido o 12 de febreiro de 1940); José Millán, patrón encargado da biblioteca; Raimundo Riestra, Marqués de Riestra, tesoureiro; Antonio Losada Diéguez; Enrique López de la Ballina e José Filgueira Valverde, secretario, quen accedería á dirección o 23 de marzo de 1940, permanecendo no cargo ata o 23 de decembro de 1986. O Museo abriu as súas portas ó público o 10 de agosto de 1929, sábado, véspera da festividade da Virxe Peregrina, figurando xa entre as obras expostas nas súas salas algunhas depositadas polo Museo del Prado, do que era subdirector Francisco Javier Sánchez Cantón, quen, en 1940, sería nomeado director honorario do Museo de Pontevedra. As coleccións que iría reunindo o Museo, por mandato estatutario, partían da fidelidade ó seu ámbito pontevedrés de nacemento pero deixaban as portas abertas á presenza ou recepción de fondos doutros enclaves, tanto galegos coma foráneos. Así, a ampla variedade temática e de procedencia que caracteriza, entre outros aspectos, ás coleccións do Museo teñen o seu punto de partida nas ideas que nutriron a súa creación. Mecenado e crecemento O crecemento, ben pola incorporación ou construción de novas sedes, ben polas adicións que reciben as xa existentes, será dende eses tempos iniciais unha constante na vida do Museo. Explícanse as necesidades de espazo polo incremento das actividades que se estaban a realizar e as coleccións que se ían incorporando. Entre outras, ademais dos fondos da Sociedad Arqueológica de Pontevedra, cabe subliñar: > Os fondos vinculados co mundo do mar que permiten, coa colaboración do Museo Naval de Madrid, dispoñer en 1943 no edificio “García Flórez” as Salas Navais. > A entrada, en 1951, das obras de Castelao, incautadas por decisión xudicial, un conxunto de gran valor ó que se lle engadirían no futuro compras e doazóns (a destacar as realizadas polos herdeiros de Álvaro Gil Varela). En 1981 incorporaríanse os Álbumes de Guerra e outros orixinais, documentos e recordos do legado testamentario do célebre personaxe. > A compra, en 1956, de dúas esculturas de profetas procedentes da fachada exterior do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago. > A adquisición, en 1973, mediante unha doazón en metálico realizada por José Fernández López, dun díptico daquela atribuído a Dieric Bouts (hoxe relaciónase coa maneira de Adriaen Isenbrandt). > A doazón da extraordinaria colección de olaría tradicional galega xuntada por Luciano García Alén e María García Ayaso, reinstalada en 1991. > A compra, en 1994, da colección SODESCO, composta por 313 pinturas de autores galegos e, sobre todo, foráneos, datadas entre os séculos XV e XX, con obras estelares, entre outros, de Pedro Berruguete, Van der Hamen, Camprobín, Sorolla, Casas, Rusiñol, Beruete ou Julia Minguillón. > O depósito en 1995, convertido en doazón no 2002, do soberbio conxunto de pratería, fundamentalmente de carácter civil (650 pezas datables, no esencial, entre os séculos XV e XIX), reunido por Gonzalo Fernández de la Mora y Mon, un dos últimos grandes mecenas do museo. Aos nomes xa mencionados débense engadir os de Antonio Pastor, Concha e María Mendoza Babiano, Juan López Suárez e Mariana Castillejo, José E. Domínguez Casáis, Víctor Sánchez Mesas e Sofía Fernández de Tejada, Pilar Pintos, o Conde de Bugallal ou os herdeiros de Sebastián González e de Carlos Romero de Lecea, entre outros moitos que non se mencionan aquí para non alongar a lista en exceso pero que permanecen unidos á historia do Museo, igual que sucede coas entidades favorecedoras. Un museo activo Inseparables das ricas e variadas obras que custodia e exhibe o Museo son as moitas actividades que dende o seu nacemento vén promovendo (exposicións, publicacións, conferencias, seminarios, congresos, concertos, visitas dirixidas, obradoiros didácticos, concursos, etc.), con frecuencia propiciadas pola posesión daqueles fondos e tamén por contar cunha biblioteca e cuns arquivos –documental e gráfico- de grande importancia numérica e cualitativa, base da súa recoñecida solvencia como centro de investigación, convertido tamén dende este punto de vista, ó igual que acontece coas súas coleccións, nun referente en Galicia. Na actualidade estase a punto de abrir na súa totalidade o Sexto Edificio do Museo -un inmoble de nova construción- e o edificio Sarniento recén rehabilitado. Con eles o Museo de Pontevedra poderá amosar, coa totalidade do seu espazo expositivo, as súas amplas e ricas coleccións que foron medrando moi de presa dende a súa fundación cando ó ano 1927 so lle quedaba un día para concluír. Finalmente, indicar que o propio Museo funcionou como unha Fundación ou Organismo Autónomo desde a súa creación até o ano 2013 que pasa a aser un servizo da Deputación de Pontevedra.

  • Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra

  • Historia arquivística A descrición do fondo correu a cargo do persoal do Museo, sin especificar concretamente este área. Foi a partir de mediados dos anos 80 cando a organización do traballo dentro da institución foi definindo a especialización dos traballos arquivísticos, diferenciándoos claramente das áreas de Biblioteca, Arquivo Gráfico, Arqueoloxía e Fondos Xerais.

  • Forma do ingreso Doazóns, depósitos e compras.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Partituras impresas e manuscritas, cantorais e gravacións sonoras.

  • Valoración, selección e eliminación Non se fixo expurgo de material.

  • Novos ingresos Poden producirse en calquera momento

  • Organizació

    1.PARTITURAS
     1.1 PARTITURAS IMPRESAS
     1.2 PARTITURAS MANUSCRITAS
    2.GRAVACIÓNS SONORAS
    3.CANTORAIS
    4.DOSSIERES

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Libre

  • Condicións de reprodución Previa solicitude por escrito e condicionado ao estado de conservación e características físicas especiais.

  • Instrumentos de descrición Inventario en papel

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Museo de Pontevedra (Tema) (Creador)

Área de control da descrición