ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.404
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Multa a Serafín Sanmartín Sabajanes por obra nunha vivenda en Sobreiro no contorno da Igrexa de San Martiño de Xustáns

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36043.AM.PONCAL.2.GF002.F0007.SF086.SF090.S0695.3.133/13

  • Título Multa a Serafín Sanmartín Sabajanes por obra nunha vivenda en Sobreiro no contorno da Igrexa de San Martiño de Xustáns

  • Data(s) 2011-2012 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Ponte Caldelas(1836-2015) O concello de Ponte Caldelas sitúase no centro da provincia de Pontevedra lindando cos concellos de Cotobade, A Lama, Fornelos de Montes, Soutomaior e Pontevedra. Ocupa unha superficie de algo máis de oitenta e seis quilómetros cadrados cun total de trinta e tres entidades de poboación dispersas nas súas nove parroquias: Anceu, Castro Barbudo, Caritel, Forzáns, A Insua, Ponte Caldelas, Taboadelo, Tourón e Xustáns, nas que residen algo máis de sete mil cincocentos habitantes. Esta área xeográfica formou parte das provincias de Santiago e de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían das xurisdiccións de Caldevergazo e Pontevedra, con señorío do arcebispo de Santiago, e da de Soutomaior, con señorío do propio Duque de Soutomaior. No período preconstitucional chegaron a funcionar os concellos de Caldelas, Tourón e A Insua. Xa no proceso de establecemento constitucional dos concellos, este territorio foi integrado no partido xudicial de Caldebergazo ou A Lama, que logo no ano 1845 cambiaría a súa denominación e capitalidade por Ponte Caldelas; será no ano 1836, dentro da planificación definitiva para o antedito partido xudicial, cando se establece o concello de Caldelas. Esta denominación modificouse pola de Ponte Caldelas en 1845 coincidindo coa adxudicación da capitalidade do partido xudicial; inicialmente, aínda co mesmo territorio que hoxe, estaba formado por oito parroquias, ás que se engadiría no ano 1868 a de Caritel, segregada da de Santa Eulalia de Ponte Caldelas.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Ponte Caldelas

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Copia da comunicación da resolución do procedemento sancionador. Expediente nº: S-P-44.11. Interesado: Serafín Sanmartín Sabajanes. Resolución da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural pola que impón a Serafín Sanmartín Sabajanes, unha multa de dez mil euros, con motivo dunhas obras nunha vivenda sita no lugar de Sobreiro, nº 41, no contorno da igrexa de San Martiño de Xustáns, sen autorización da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición