ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Resolucións de alcaldía de incoación de expediente de reposición por infracción en relación a limpeza de fincas

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36043.AM.PONCAL.2.GF002.F0008.SF098.S0778.3.160/8

  • Título Resolucións de alcaldía de incoación de expediente de reposición por infracción en relación a limpeza de fincas

  • Data(s) 2010-2011 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Ponte Caldelas(1836-2015) O concello de Ponte Caldelas sitúase no centro da provincia de Pontevedra lindando cos concellos de Cotobade, A Lama, Fornelos de Montes, Soutomaior e Pontevedra. Ocupa unha superficie de algo máis de oitenta e seis quilómetros cadrados cun total de trinta e tres entidades de poboación dispersas nas súas nove parroquias: Anceu, Castro Barbudo, Caritel, Forzáns, A Insua, Ponte Caldelas, Taboadelo, Tourón e Xustáns, nas que residen algo máis de sete mil cincocentos habitantes. Esta área xeográfica formou parte das provincias de Santiago e de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían das xurisdiccións de Caldevergazo e Pontevedra, con señorío do arcebispo de Santiago, e da de Soutomaior, con señorío do propio Duque de Soutomaior. No período preconstitucional chegaron a funcionar os concellos de Caldelas, Tourón e A Insua. Xa no proceso de establecemento constitucional dos concellos, este territorio foi integrado no partido xudicial de Caldebergazo ou A Lama, que logo no ano 1845 cambiaría a súa denominación e capitalidade por Ponte Caldelas; será no ano 1836, dentro da planificación definitiva para o antedito partido xudicial, cando se establece o concello de Caldelas. Esta denominación modificouse pola de Ponte Caldelas en 1845 coincidindo coa adxudicación da capitalidade do partido xudicial; inicialmente, aínda co mesmo territorio que hoxe, estaba formado por oito parroquias, ás que se engadiría no ano 1868 a de Caritel, segregada da de Santa Eulalia de Ponte Caldelas.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Ponte Caldelas

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Resolucións de alcaldía de incoación de expediente de reposición por infracción en relación á limpeza de fincas. Contén: - Resolución Alcaldía nº: 212/10. - Resolución Alcaldía nº 36/11. - Resolución Alcaldía nº: 46/11. - Resolución Alcaldía nº: 48/11. - Resolución Alcaldía nº: 54/11. - Resolución Alcaldía nº: 90/11. - Resolución Alcaldía nº: 243/11. - Resolución Alcaldía nº: 365/11. - Resolución Alcaldía nº: 397/11.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición