ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.784
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Escritura pública notarial de poder dos veciños de Santiago de Ermelo a José Juncal para que preitee contra os novos impostos sobre o viño (1805)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36004.AM.BUE.2.GF001.F0002.SF025.S0416.4.639/39

  • Título Escritura pública notarial de poder dos veciños de Santiago de Ermelo a José Juncal para que preitee contra os novos impostos sobre o viño (1805)

  • Data(s) 1805 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Escritura pública notarial outorgada o 28 de decembro de 1805 de poder dos veciños da parroquia de Santiago de Hermelo a José Juncal para que preitee contra os novos impostos sobre o viño. "Constituidos en sitio público y de forma de según se tiene de costumbre, Francisco de la Rúa, mayordomo y Juez pedáneo de Bueu .... preside la Junta: Juan Fernández, José y Cosme Juncal, Manuel de la Cruz ... todos vecinos de Hermelo" dan poder para que representen aos veciños da parroquia de Ermelo para "celebrar ajustes y encabezamiento del nuevo impuesto temporal" que grava cada cuartillo de viño en catro marabedís. Entre outros, asina como testemuña o escribán, Benito de Arís Escribán: Pascual de Juncal, residente en Meiro (Bueu)

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra (AHP Ca-1461/1)

Área de notas

  • Nota É unha copia Doante: mestre, Arturo Sánchez Cidrás, veciño de Bueu en 18 de xaneiro de 2017

Área de control da descrición