Fondos
4.639/93. Escritura pública notarial de testamento ditado por Antonio Casimiro Pimentel Sotomayor, rexedor e procurador síndico de Santiago (1805)
Escritura pública notarial de testamento ditado por Antonio Casimiro Pimentel Sotomayor, rexedor e procurador síndico de Santiago (1805)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36004.AM.BUE.2.GF001.F0002.SF025.S0416.4.639/93
Título Escritura pública notarial de testamento ditado por Antonio Casimiro Pimentel Sotomayor, rexedor e procurador síndico de Santiago (1805)
Data(s) 1805 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo municipal de Bueu
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Escritura pública notarial outorgada o 16 de decembro de 1805 de testamento ditado por Antonio Casimiro Pimentel Sotomayor, rexedor e procurador síndico de Santiago. Por parte paterna: terceiro neto de Pedro Pimentel Sotomayor e Isabel Bandén Osorio. Bisneto de José Pimentel Sotomayor e María Becerra Villar de Francos. Neto de José Pimentel y Sotomayor e Benita Varela de Cordido. Fillo de Pedro Pimentel de Sotomayor e María Ignacia de León. Por parte materna: bisneto de Pedro de León e Juana Pimentel. Neto de Fernando de León Pimentel e Francisca Boado Figueroa. Casado con Juana Luisa de la Rúa y Aldao, dona e señora dos maiorazgos de Torre de Santa Cruz, casas de Castrelo e do Placer. Ela filla de José de la Rúa Pimentel e de Josefa de Aldao e Taboada. Da que tiveron por fillos a Pedro (casado con María Pardo Alfeirán e por filla a Carmen), Juana Pimentel y Rúa (casada con Joaquín Arias de Ulloa), Isabel (monxa en San Paio de Antealtares de Santiago), Manuel (colexial en Fonseca) e Ramón (no rexemento de infantería de Navarra). Escribán: Florencio Barcia, de Santiago
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra (AHP Ca-6976-5685)
Ãrea de notas
Nota É unha copia Doante: mestre, Arturo Sánchez Cidrás, veciño de Bueu en 18 de xaneiro de 2017