ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.965
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.660

Escritura pública notarial de contrata para traballar por unha arte xabega polos armadores José Roura de Vigo e Salvador Martí de Beluso (1823)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36004.AM.BUE.2.GF001.F0002.SF025.S0416.4.640/65

  • Título Escritura pública notarial de contrata para traballar por unha arte xabega polos armadores José Roura de Vigo e Salvador Martí de Beluso (1823)

  • Data(s) 1823 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Escritura pública notarial outorgada o 20 de outubro de 1823 de contrata para traballar á parte na presente colleita por unha arte xabega cos seus aparellos e lanchas por parte dos armadores, José Roura de Vigo e Salvador Martí de Beluso a favor de Manuel Pérez (fillo), Pedro Nogueira e trece máis. Condicións: primeiro, dende o 20 de outubro de 1823 a 31 de xeneiro de 1824; segundo a sardiña terá que véndela só os armadores que pagarán a metade correspondente ós mariñeiros ó prezo de 16 reais o millar que non baixe de quince millares o casco de tres por pipa. O peixe blanco venderase tanto o dos armadores como o da xente; terceiro, terán que traballar todos como todos sen perder lance. Se así ocorre teñen que pagar a metade da pesca que colla outra arte; cuarto están obrigados a obedecer ó patrón que poñan os armadores que porán outro no seu lugar; quinto cada mariñeiro poderá dispor de parte na sardiña ata dous millares. Escribán: José Benito Arís, veciño de Bueu con residencia en Meiro

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra (AHP Ca-3243/8)

Área de notas

  • Nota Doante: mestre, Arturo Sánchez Cidrás, veciño de Bueu en 18 de xaneiro de 2017 É unha copia

Puntos de acceso

Área de control da descrición