Fondos
58/3/16. Artigo de Ramón Dios Vidal: "Poder generador de radón en suelos gallegos..." (1964)
Artigo de Ramón Dios Vidal: "Poder generador de radón en suelos gallegos..." (1964)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.58..3.1.1.1.58/3/16
Título Artigo de Ramón Dios Vidal: "Poder generador de radón en suelos gallegos..." (1964)
Data(s) 1964 (Creación)
Volume e soporte 5 artigos en papel
Área de contexto
Nome do produtor Ramón Dios Vidal(1916-1999) Naceu o 19 de xaneiro de 1916 en Pontevedra, estivo casado con María dos Ángeles Casqueiro Martínez e licenciouse en ciencias químicas e físico-químicas pola Universidade Central en 1940. Conseguiu o doutoramento en ambas as disciplinas en 1949. Obtivo o posto de Catedrático numerario de física e química dos Institutos Nacionais de Ensino Medio en 1942, que desenvolveu nos Institutos de Avilés, Tánxer e Pontevedra como profesor de física, química, historia natural, matemáticas e inglés. Ademais tamén foi director dos institutos de Avilés e Pontevedra. Ao longo da súa vida recibiu numerosas bolsas de investigación: foi bolseiro polo Servicio de Recuperación de Automobilismo para estudar as aliaxes de antifricción; bolseiro e colaborador honorario do Instituto de Edafología (1948-1949); bolseiro e máis tarde profesor agregado polo Padroado Alonso de Herrera do CSIC para realizar estudos sobre solos galegos (1949); pensionado polo CSIC durante un ano en Inglaterra, nas Universidades de Aberdeen e Bristol (1950); profesor agregado á Misión Biolóxica de Galicia do CSIC (1951), onde ascendeu a xefe de subsección en 1954 e a xefe de sección (1955-1964); proposto polo Padroado Alonso de Herrera como membro da Societé International da Science du Sol (1951), e da American Chemical Society entre outras asociacións de prestixio internacional; bolseiro como relator na Universidade Menéndez Pelayo (1952); pensioado pola Fundación Juan March para realizar estudos de deficiencias minerais nas Universidades de Cornell e California (1957), tras o que posteriormente obtivo tres bolsas na Universidade de California para continuar as investigacións xa iniciadas neste campo (1957-1959); Ademais foi colaborador do instituto matemático Durán Loriga da Universidade de Santiago de Compostela e axudante de clases prácticas de química experimental para farmacia na mesma universidade (1940-1941) Foi políglota, dominando o inglés, francés, alemán, italiano e portugués. Non se teñen datos exactos da súa data de morte, que debeu ocorrer cara aos anos 90.
Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido 1964 Artigo de Ramón Dios Vidal e materiais consultados para a súa redacción. Conten: 1. Dios Vidal, Ramón: "Poder generador de radón en suelos gallegos en relación con otros grandes grupos mundiales y con el contenido en plomo total". Anales de edafología y agrobiología, 1964, t. 23, n. 1-2, pp. 53-63 2. Kuroda, P. K.; Crouch, W. H.: "On the chronology of the formation of the solar system. 2. Iodine in terrestrial rocks and the xenon 129/136 formation interval of the earth". Journal of Geophysical Research, november 1962, vol. 67, n. 12, pp. 4863-4866 3. Hibbard, P. L.; Stout, P. R.: "Estimation of potassium by titration of the cobaltinitrite with potassium permanganete". Journal of the Association of Official Agricultural Chemists, february 1933, vol. 16, n. 1, pp. 137-140 (duas copias). Leva o selo "D. R. Hoagland, University of California" 4. Hansen, R. O.; Dios Vidal, Ramón; Stout, P. R.: "Radioisotopes in soils: physical-chemical composition". Symposium on Radioisotopes in the Biosphere, University of Minnesota, 1960. Fotocopia. 5. Norman. A. G.: "Radioisotopes in solils and plants: a critical review". Fotocopia do artigo. Sinatura: Ramón Dios, 3-16
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Ramón Dios Vidal (Tema) (Creador)