Fondos
ES.GA.36038.ADPO.24.. PAZO TORRE QUINTÁNS
PAZO TORRE QUINTÁNS
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.24.
Título PAZO TORRE QUINTÁNS
Data(s) 1505-1974 (Creación) 1505-00-00 - 1974-00-00 (Produción)
Volume e soporte 24 unidades de instalación: 1.051 unidades documentais
Área de contexto
Nome do produtor Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera.(S.XVI-S.XX) A historia da familia comenza no século XVI con Juan de Balboa y Mariño de Lobera, cuxa descendencia ao casar con Teresa Alvarez de Bens, levara os apelidos Mariño de Lobera, Andrade, Mosquera, Pimentel e Sotomayor. Entre os sucesivos moradores da casa atópanse María Concepción Armada y Losada, filla da X Marquesa de Figueroa e do seu home Ramón Gutierrez de la Peña e Quiroga, dono do Pazo da Praza do Toural ( Santiago de Compostela). A filla adoptiva destes Asunción Giráldez pasou a posesión ao seu sobriño José Rivero de Aguilar e Gutierrez de la Peña. Posteriormente outro dos seus donos foi o farmaceútico Luis Seijas Boch casado con Julia Quiroga López-Vázquez, que faleceu en 1938. Posteriormente pasou a ser propiedade de Don Luís Fenollera Velón. En 1980 o mercou D. Antonio Martínez Andrade, continuando a día de hoxe en mans da mesma familia, a súa muller María Anna Martínez e seus fillos.
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Historia arquivística Cesión da actual familia propietaria do Pazo Torre Quintáns de Meis, realizada en dúas datas: no mes de outubro de 2014 e no mes de abril de 2015.
Forma do ingreso Depósito
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Información de transmisión da propiedade, administración do patrimonio, foros, vínculos, e outros aspectos da vida económica das áreas do Salnés: Cambados, Meis, Ribadumia, Caldas de Reis, Portas, Vilanova de Arousa... É interesante como se amosa a evolución dos foros pois abarcan unha gran amplitude temporal chegando nos derradeiros anos do XIX a moitos preitos entre propietarios e foreiros a raiz do inicio da liquidación dos mesmos polas leis promulgadas durante a primeira metade do século XX. Inclúe un pergameo de 1517, tres árbores xenealóxicas.
Organización
CADRO DE CLASIFICACIÓN DO PAZO TORRE QUINTÁNS 1.- DOCUMENTOS DE CARÁCTER PATRIMONIAL (1505/1974) 1.1- TRANSMISIÓN DA PROPIEDADE (1505/1956) 1.1.1.- Foros (1517/1956) 1.1.2.- Vendas (1505/1947) 1.1.3.- Trocos. Permutas (1541/1782) 1.1.4.- Doazóns e cesións (1554/1834) 1.1.5.- Arrendamentos (1540/1949) 1.1.6.- Dotes (1579/1619) 1.1.7.- Testamentos (1579/1948) 1.1.8.- Censos (1533/1737) 1.1.9.- Partillas de bens (1549) 1.1.10.- Posesións (1531/1885) 1.2.- ADMINISTRACIÓN DA PROPIEDADE (1537/1974) 1.2.1.- Inventario de bens (1537/1957) 1.2.2.- Cobros de rendas. Contas (1562/1974) 1.2.3.- Obras e reparacións (1883/1946) 1.2.4.- Apeos 2.- DOCUMENTOS DE CARÁCTER SEÑORIAL (1650) 2.1.- Beneficios (1650) 2.2.- Morgados (S/D) 2.3.- Bulas (S/D) 3.- DOCUMENTOS DE CARÁCTER XURÍDICO (1543/1955) 3.1.- Preitos (1543/1955) 3.2.- Poderes (1573/1946) 4.- OFICINA DA CASA. ARQUIVO (1571/1951) 4.1.- Correspondencia (1580/1951) 4.2.- Índices documentais (1571) 4.3.- Certificacións eclesiásticas (1931/1931) 4.4.- Referencias documentais (1882/1896) 5.- OUTRA DOCUMENTACIÓN (1822/1950) 5.1.- Asuntos militares (1926) 5.2.- Publicacións (1822) 5.3.- Xornais (1949/1950)
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso O acceso é libre, coas restricións impostas na lexislación estatal e autonómica, é dicir, os documentos que conteñen datos persoais ou que afecten á intimidade das persoas.
Condicións de reprodución A reprodución está limitada polas condicións de conservación.
Características físicas e requirimentos técnicos Estado de conservación da documentación: Bo.
Instrumentos de descrición Base de datos en ATOM con 1.086 rexistros.
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Non se coñecen.
Existencia e localización de copias Non se coñecen.
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias FAMILIA E PROPIEDADE
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Meis
Nome dos puntos de acceso Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera. (Tema) (Creador)
Área de control da descrición
Identificador da institución DEPO00200083917