ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

SOCIEDADE PRO-MONTE SANTA TREGA

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36023.AM.GUA.3

  • Título SOCIEDADE PRO-MONTE SANTA TREGA

  • Data(s) 1911-1995 (Creación)

  • Volume e soporte 8 unidades de instalación; 247 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Sociedade Pro-monte de Santa Trega(1912-) En xuño do 1912, o remate da celebración do lúns de Pentecostés, D. Julián López García, D. Manuel Lomba Peña e o crego, D. José Pedreira Sobrino, no alpendre da capela, diante do deplorable estado do recinto e a indiferencia das prácticas relixiosas no monte xurdiu a idea de fundar unha entidade que dera inicio a restauración da capela e mantivera as tradicións como se viña facendo dende facía séculos. Formouse a Comisión Organizadora, e noméase a Comisión Auxiliar para Puerto Rico formada por Avelino Vicente González, Ángel González Sobrino, Roque González Sobrino e José María Lomba Peña, que se volcaron naquela illa. O 29 de setembro de 1912, aprobase a creación da Sociedad Pro-Monte Santa Tecla, no séu Regulamento se establecían os cinco fins da Sociedade: 1º. Conservar e mellora-los edificios e obras anexas o santuario. 2º. Fomenta-las solemnidades nos días de xubileo, e especialmente el Voto. 3º. Construir un camiño cómodo que dé acceso a cima do monte. 4º. Fomentar o arbolado no monte. 5º. Fomentar cantas obras e reformas se consideren necesarias. No debate, D.Constantino Candeira propuxo que: farían estudios arqueolóxicos no monte, conservando e restaurando os que foran aparecendo. Que no aniversario da fundación se celebrase cunha visita e romaría o monte a cargo das familias dos socios. Primeira Xunta Directiva: Presidente: Manuel Lomba Peña, Tesoreiro: José Mª González Cividanes, Secretario:Pacífico Rodríguez Rodríguez; Vocais: Julián López García, Vicente de Vicente Vicente; e Prior da Hermandad do Clamor. Suplentes: Constantino Candeira González, Antolín Silva Vicente, César Troncoso González Manuel Lomba Peña foi o Presidente fundador de la Sociedad Pro-Monte Santa Tecla. A FESTA DO MONTE: O 24 de agosto de 1913 tivo lugar a “primera fiesta del monte Santa Tecla”. A Directiva invitó a todo o pobo a participar nese primer aniversario da fundación da Pro-Monte. O éxito foi total. Levando os directivos de Pro-Monte a manifestar: «Como ensayo podemos decir que ha colmado las aspiraciones de todos, y consideramos que, habiendo arraigado la idea, se constituirá en una fiesta tradicional y clásica de este país». Convirtiuse na tradición máis sinalada de A Guarda: a Festa do Monte. RESTAURACIÓN DA ERMIDA (1913-1914).- Foi a primeira obra, se reparou a conducción da auga dende a fonte da Santa o inicio do antiguo vía-crucis, obras pagadas por José Manuel Andreini Verde, emigrante en Nueva York. En 1915 fixeronse as obras da «casa dos cregos». A REPOBOACIÓN (1912-1919).- O gran protagonista foi o tudense Rafael Areses Vidal. As plantacións, dos anos 1912-1914, no «Campo Redondo» e no Pico San Francisco. Nos anos, 1915, 1916 e 1917 celebrouse a Fiesta del Arbol por iniciativa do Secretario da Pro-Monte, D. Pacífico Rodríguez, co obxeto de involucrar aos rapaces na repoboación e amor polos árbores e a naturaza. No 1918 instalouse un viveiro preto do campo de Chans. Entre 1920-1925 edificouse a casa forestal para as tareas de vixilancia e control, pasando o guarda a residir nela ca súa familia. A ESTRADA DE SUBIDA (1913-1916).- Foi encargado de levar a cabo ditas obras, Julián Belio. En 1926, colocanse as columnas de granito indicando o punto por donde se subía o monte. OS SENDEIROS.- Trala construir a estrada, fáise apertura de camiños e sendeiros, a maioría entre 1917 e 1918 A URBANIZACIÓN DA CIMA.- Acometeuse entre 1915 e 1921, ca construcción de plazoletas, miradores, escalinatas e terrazas OS PRIMEIROS DESCUBRIMENTOS ARQUEOLÓXICOS (1913-1926).- Ca creación da Pro-Monte e aceptada a proposta de Candeira de que a arqueoloxía sería uno dos obxetivos da entidade, encargouse ao socio en Madrid, Manuel Ángel Álvarez pedir os permisos para as excavacións, obtidos o 26 de febrero de 1913. Foron seis as excavacions nos primeiros anos: Ignacio Calvo (1914, 1919 e 1923), e tres pola Pro-Monte (1918, 1921 e 1926). Un gran divulgador desta época foi o farmacéutico Julián López García, responsable da primeira síntesis da prehistoria do monte: La citania de Santa Tecla o una ciudad prehistórica desenterrada: apuntes arqueológicos, publicada en 1927 O MUSEO DA PRO-MONTE (1917).- Creado co material atopado, sendo o iniciador D. Pacífico Rodríguez. O INICIO DUN NOVO VÍA CRUCIS (1924).- Foi unha idea plantexada dous anos antes por D. Julián López García. Sendo o artista Julio Vicent Mengual A BIBLIOTECA CIRCULANTE DE PRO-MONTE (1921).- Tiña a súa sede no local do museo, poñendo o alcance do pobo guardés a sociedade a posibilidade de ler os clásicos e autores da época. Seu promotor foi José María Lomba Tomado de: http://paxinasdaguarda.blogspot.com/2013/02/sociedad-pro-monte-santa-tecla.html

  • Institución arquivística Arquivo municipal da Guarda

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido O fondo recolle a documentación xerada no trascurso das actividades da Sociedade, incluíndo documentación contable, documentación de dirección, correspondencia etc.

  • Organizació

    O Fondo da Sociedade Pro-Monte Santa Trega está organizado nas series documentais a seguir:
    
    1.- Actas de sesións da Sociedade Pro-Monte Santa Trega
    2.- Libros de gastos da Sociedade Pro-Monte Santa Trega
    3.- Albumes de sinaturas da Sociedade Pro-Monte Santa Trega
    4.- Libros de socios da Sociedade Pro-Monte Santa Trega
    5.- Libros de caixa da Sociedade Pro-Monte Santa Trega
    6.- Libros de tesouraría da Sociedade Pro-Monte Santa Trega
    7.- Correspondencia e documentación solta  da Sociedade Pro-Monte Santa Trega
    8.- Documentación do Hospital-Casa-Asilo

Área de notas

  • Nota Devoltos a Antonio Martínez Vicente por petición súa a seguinte documentación: - Reglamento de la Sociedad Pro Monte Santa Tecla (1912) - Reglamento de la Sociedad Pro Monte Santa Tecla (1953) - Reglamento de la Sociedad Pro Monte Santa Tecla (1963) - Memoria anual de la Sociedad Pro Monte Santa Tecla (1954-65). Nove memoriais en total. - Muestra Arqueológica del Museo de Santa Tecla (1982). Folleto - Museo, Citania y Casa Forestal (1982-1983). Folleto - El museo de Santa Tecla. M. Fernandez Rodriguez (1960)

Puntos de acceso

Área de control da descrición