ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Expediente de Convenio entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Soutomaior

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36053.AM.SOU.2..GF001.F0002.SF017.S0190.2.460/11

  • Título Expediente de Convenio entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Soutomaior

  • Data(s) 2008 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Soutomaior(1836-) Soutomaior é un pequeno concello situado na costa pontevedresa, entre as áreas urbanas de Pontevedra e Vigo, enclavado nas cuncas dos ríos Verdugo e Oitavén, que o atravesan. Fórmano dúas únicas parroquias, Soutomaior e Arcade, nas que habitan algo máis de cinco mil habitantes. Pertencía este territorio á antiga xurisdición do seu mesmo nome, que abarcaba no seu día as parroquias de Soutomaior, Insua, Barbudo, Anceu, Forzáns, Berducido, Fornelos, Calvos, Traspielas e Pazos, correspondendo o seu señorío ó duque e señor de Soutomaior; á súa vez o coto de Arcade dependía do arcebispado de Santiago. A partir da creación das provincias e o establecemento constitucional dos concellos en 1936, xorde o concello de Soutomaior, integrado no Partido Xudicial de Redondela, xunto ós de Mos, Redondela e Pazos de Borbén. Formaban este municipio as parroquias de Arcade, Calvos, Estacas, Fornelos, Laxe, Soutomaior e Traspielas, cun total de 1.256 veciños e 5.244 almas. No ano 1870 prodúcese a segregación definitiva das parroquias de Calvos, Estacas, Fornelos, Laxe e Traspielas para formar o novo municipio de Fornelos de Montes, quedando o de Soutomaior formado polas parroquias que o compoñen hoxe en día.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Soutomaior

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente de Convenio entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Soutomaior para regular a cofinanciación dos gastos derivados do servizo de limpeza do Centro público integrado (CPI) Manuel Padín Truiteiro.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Soutomaior (Tema) (Creador)

Área de control da descrición