Fondos
-
S0600. Subvención recibida pola corporación local doutra administración
2.062/4. Expediente da subvención en réxime de concorrencia non competitiva do Fondo de Compensación Ambiental
Expediente da subvención en réxime de concorrencia non competitiva do Fondo de Compensación Ambiental
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36025.AM.LAM.2.GF001.F0006.SF076.SF077.S0600.2.062/4
Título Expediente da subvención en réxime de concorrencia non competitiva do Fondo de Compensación Ambiental
Data(s) 2014-2015 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental
Área de contexto
Nome do produtor Concello da Lama(1836-2015) O concello da Lama enclávase no interior da provincia de Pontevedra, ó leste, lindando coa provincia de Ourense e cos concellos de Beariz e Avión, Cotobade, Ponte Caldelas, Forcarei e Fornelos de Montes. Conta este territorio con 117 entidades de poboación dispersas en 109 quilómetros cadrados, nos que residen algo máis de 3.000 habitantes, distribuídos nun total de dez parroquias: Antas, A Barcia do Seixo, Covelo, Escuadra, Gaxate, A Lama, Seixido, Verducido, Xende e Xesta.No antigo réxime pertencía esta zona xeográfica ás provincias de Santiago e de Tui, respectivamente, dentro das xurisdiccións de Caldevergazo, con señorío do arcebispo de Santiago e de Soutomaior, con señorío do duque de Soutomaior. Na definitiva constitución dos concellos de 1836 establécense no Partido Xudicial de Caldevergazo un total de catro concellos: Cotobade, Caldebergazo, Caldelas e Ponte Sampaio. O concello de Caldebergazo terá o nome e será capitalidade do Partido Xudicial ata 1845 en que pasará a Ponte Caldelas. Á súa vez cambiará a súa denominación inicial pola da Lama en 1841 e sufrirá algunhas modificacións na configuración primeira das súas nove parroquias: a de Escuadra, rapidamente integrada logo da reclamación dos seus veciños; a chamada inicialmente Gaxate – Xende, que se dividirá en dúas, e a de Caroi, que será segregada en 1904 para a súa inclusión no veciño concello de Cotobade.
Institución arquivística Arquivo municipal da Lama
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Expediente nº: 545/2014. Expediente da subvención en réxime de concorrencia non competitiva do Fondo de Compensación Ambiental concedida pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Contén: - Expediente nº: 123/2015. Expediente do contrato menor das obras de "Adecuación á normativa mediante substitución de iluminación convencional a tecnoloxía Led no pavillón deportivo do concello da Lama", adxudicada a "Ingeniería de Tecnologías Energéticas de Oroso, S.L." Inclúe: Proxecto. - Expediente nº: 228/2015. Expediente da aprobación do Plan de seguridade e saúde das obras "Adecuación á normativa mediante substitución de iluminación convencional á tecnoloxía Led no pavillón deportivo do concello da Lama". Inclúe: Plan. - Expediente nº: 124/2015. Expediente do contrato menor das obras de "Proxecto de eficiencia enerxética de iluminación pública dos Carreiros e A Porteliña", adxudicado a "Ingeniería de Tecnologías Energéticas de Oroso, S.L.". - Expediente nº: 210/2015. Expediente da aprobación do Plan de seguridade e saúde da obra "Proxecto de eficiencia enerxética de iluminación pública de Os Carreiros e A Porteliña". Inclúe: Plan e o proxecto da obra. - Expediente nº: 166/2015. Expediente do contrato menor de subministración de vehículo de sete prazas para o servizo de conservación e mantemento ambiental, adxudicado a Autos C. Castiñeira, S.L. Inclúe: Memoria de necesidades.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello da Lama (Tema) (Creador)