ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.149
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Expediente sesión de Pleno Ordinario 26/06/2013

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36060.AM.VILGAR.1.1.1.5.17.387/3

  • Título Expediente sesión de Pleno Ordinario 26/06/2013

  • Data(s) 2013 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental. 150 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente sesión de Pleno Ordinario 26/06/2013. Asuntos: 1. Aprobación, se procede, das actas das sesións anteriores de datas 27 e 31 de maio de 2013. 2. Toma de coñecemento dos Decretos da Alcaldía do mes de maio de 2013. 3. Toma de coñecemento da solicitude de participación cidadá presentada por parte de asociacións ou entidades en relación con un punto da orde do día que lle afecte directamente e posterior intervención a través dun único representante das mesmas. 4. Aprobación, se procede, da modificación do acordo regulador nº 17 do prezo público pola utilización das instalacións deportivas municipais. 5. Aprobación provisional, se procede, da Modificación Puntual do PXOM para a supresión da delimitación da UEI-16-Cornazo e subscrición dun Convenio Urbanístico. 6. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo municipal do BNG para a ampliación do Hospital do Salnés. 7. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo municipal do BNG a prol dos dereitos das persoas lesbianas, gais, bisexuais e transexuais. 8. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo municipal do BNG sobre a reforma da lei do aborto. 9. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo municipal do BNG para o impulso e modernización do ferrocarril na Galiza. 10. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo municipal do BNG para que non se practiquen fumigacións masivas con herbicidas na vexetación dos comaros das estradas. 11. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo municipal do PSdG-PSOE para a creación dun Programa de alimentación infantil municipal. 12. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo municipal do PSdG-PSOE para a redacción e aprobación dunha Ordenanza Municipal reguladora do uso público das praias. 13. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo municipal do PSdG-PSOE sobre regularización e actualización das características da flota pesqueira. 14. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo municipal de EU sobre a regularización actualización das características da Flota Pesqueira. 15. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo municipal de EU sobre a reposición e posta en funcionamento da Fábrica de Cuca. 16. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo municipal de EU de rexeitamento do informe de expertos para avaliar o "factor de sustentabilidade do sistema publico de pensións". 17. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo municipal de EU sobre a seguridade viaria na rotonda de entrada do Porto de Vilagarcía de Arousa. 18. Interpelacións. 19. Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razóns de urxencia. 20. Rogos e preguntas. 21. Quenda de rogos e preguntas entre o público asistente á sesión.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición