Fondos
17.390/1. Expediente sesión de Pleno Ordinario 29/11/2013
Expediente sesión de Pleno Ordinario 29/11/2013
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36060.AM.VILGAR.1.1.1.5.17.390/1
Título Expediente sesión de Pleno Ordinario 29/11/2013
Data(s) 2013 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental. 220 follas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo municipal de Vilagarcía de Arousa
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Expediente sesión de Pleno Ordinario 29/11/2013. Asuntos: 1. Aprobación, se procede, das actas das sesións anteriores das datas 30 de setembro e 28 de outubro de 2013. 2. Toma de coñecemento do nomeamento do Concelleiro D. Manuel Méndez Varela como Delegado do Servizo de Relacións Veciñais. 3. Toma de coñecemento dos Decretos da Alcaldía emitidos no mes de outubro de 2013. 4. Toma de coñecemento da solicitude de participación cidadá presentada por parte de asociacións ou entidades en relación con un punto da orde do día que lle afecte directamente e posterior intervención a través dun único representante das mesmas. 5. Aprobación, se procede, da solicitude da voceira do grupo municipal do PSdG-PSOE de cambios na representación que ostentan en diversos órganos colexiados. 6. Aprobación, se procede, do convenio de colaboración entre a Entidade Pública Empresarial Augas de Galicia e o Concello de Vilagarcía de Arousa para a xestión e explotación da rede en alta de abastecemento á marxe dereita da Ría de Arousa. 7. Aprobación, se procede, de expediente de modificación presupostaria por crédito extraordinario nº 04/CE/2013, en aplicación do Artº 32 da L.O. 2/2012 de Estabilidade Orzamentaria e sostibilidade financeira (reintegro de préstamos). 8. Aprobación inicial, se procede, do Presuposto Xeral do Concello e da FPSDM para o exercicio 2014, no que se inclúe a relación de postos de traballo coa correspondente amortización de postos e táboas salariais do persoal correspondente a programas de emprego promovidos por outras administracións, así como o anexo de investimentos, operación de crédito que o financia e teito de gasto non financeiro para o ano 2014. 9. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo municipal do PSdG-PSOE en relación coa canceira municipal. 10. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo municipal do PSdG-PSOE sobre a suba do tratamento do lixo de SOGAMA. 11. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo municipal do BNG contra a suba do canon de SOGAMA. 12. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo municipal do BNG contra a instalación de grandes superficies comerciais no Concello de Vilagarcía de Arousa. 13. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo municipal do BNG contra a impunidade da marea negra do "Prestige" e a prol da transferencia de competencias marítimas á Xunta de Galicia. 14. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo municipal do BNG para a moratoria dun ano na entrada en vigor da nova Ponencia de Valores e a corrección na súa sobrevaloración. 15. Interpelacións. 16. Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razóns de urxencia. 17. Rogos e preguntas. 18. Quenda de rogos e preguntas entre o público asistente á sesión.
Ãrea de notas
Nota