Fondos
17.391/1. Expediente sesión de Pleno Ordinario 27/01/2014
Expediente sesión de Pleno Ordinario 27/01/2014
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36060.AM.VILGAR.1.1.1.5.17.391/1
Título Expediente sesión de Pleno Ordinario 27/01/2014
Data(s) 2014 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental. 180 follas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo municipal de Vilagarcía de Arousa
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Expediente sesión de Pleno Ordinario 27/01/2014. Asuntos: 1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior de data 26 de decembro de 2013. 2. Toma de coñecemento dos Decretos da Alcaldía emitidos no mes de decembro de 2013. 3. Toma de coñecemento da solicitude de participación cidadá presentada por parte de asociacións ou entidades en relación con un punto da orde do día que lle afecte directamente e posterior intervención a través dun único representante das mesmas. 4. Aprobación, se procede, da solicitude presentada pola Fundación Amigos de Galicia de concesión do título de fillo predilecto de Vilagarcía de Arousa a D. Ramiro Carregal Rey. 5. Exame das reclamacións presentadas e aprobación definitiva, no seu caso, da Ordenanza Municipal Reguladora das condicións urbanísticas das instalacións e funcionamento dos equipos de telecomunicacións. 6. Aprobación, se procede, das Mocións presentadas polos grupos municipais do PSdG-PSOE e EU sobre traslado de animais ao refuxio e cesión as instalacións do novo refuxio á Protectora de animais. 7. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo municipal de EU sobre cumprimento da sentenza xudicial de Conservas Cuca. 8. Aprobación, se procede da Moción presentada polo grupo municipal do PSdG-PSOE de mantemento do actual Mapa Sanitario na Provincia de Pontevedra. 9. Interpelacións. 10. Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razón de urxencia. 11. Rogos e preguntas. 12. Quenda de rogos e preguntas entre o público asistente á sesión.
Ãrea de notas
Nota