ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Expediente sesión de Pleno Ordinario 26/05/2014

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36060.AM.VILGAR.1.1.1.5.17.391/4

  • Título Expediente sesión de Pleno Ordinario 26/05/2014

  • Data(s) 2014 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental. 100 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente sesión de Pleno Ordinario 26/05/2014. Asuntos: 1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior de data 28 de abril de 2014. 2. Toma de coñecemento dos Decretos da Alcaldía emitidos no mes de abril de 2014. 3. Toma de coñecemento da solicitude de participación cidadá presentada por parte de asociacións ou entidades en relación con un punto da orde do día que lle afecte directamente e posterior intervención a través dun único representante das mesmas. 4. Toma de coñecemento de renuncia ao cargo de Concelleira presentada por parte de Dona Susana Camiño Pérez. 5. Aprobación inicial, se procede, da Ordenanza fiscal reguladora do prezo público para o servizo municipal de préstamo de bicicletas. 6. Aprobación, se procede, da modificación dos Estatutos de Mancomunidade do Salnés derivada do disposto na D.T. 11ª da Lei de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local. 7. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo Grupo Municipal do PSdG-PSOE sobre establecemento dun Programa de Becas Universitarias de Vilagarcía. 8. Aprobación, se procede, da Moción presentada polos Grupos Municipais do PSdG-PSOE e BNG sobre creación de prazas de estacionamento e actuacións necesarias na Praza de Abastos. 9. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo Grupo Municipal de EU sobre creación de prazas de estacionamento e actuacións necesarias na Praza de Abastos. 10. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo Grupo Municipal de EU de inicio do expediente de modificación puntual do Plan Xeral para delimitar o espazo destinado a uso comercial no Plan Xeral Municipal. 11. Interpelacións. 12. Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razóns de urxencia. 13. Respostas ás preguntas formuladas en sesións plenarias anteriores. 14. Rogos e preguntas. 15. Quenda de rogos e preguntas entre o público asistente á sesión.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición