Fondos
5.050/5. Expediente de alleamento de parcelas municipais do Plan Parcial As Lagoas de Bueu para vivendas de protección oficial autonómica (2007-2009)
Expediente de alleamento de parcelas municipais do Plan Parcial As Lagoas de Bueu para vivendas de protección oficial autonómica (2007-2009)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36004.AM.BUE.2.GF001.F0005.SF052.S0404.5.050/5
Título Expediente de alleamento de parcelas municipais do Plan Parcial As Lagoas de Bueu para vivendas de protección oficial autonómica (2007-2009)
Data(s) 2007 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente, 31 follas
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Bueu(1836-2030) O concello de Bueu enclávase na marxe dereita da península do Morrazo. Pertence xeograficamente á comarca do mesmo nome xunto cos concellos lindantes de Cangas, Marín e Moaña e mailo de Vilaboa; xudicialmente intégrase no Partido de Marín logo da súa recente creación. Conta cun total de 53 entidades de poboación dispersas en catro parroquias: San Martiño de Bueu, Santa María de Cela, Santiago de Hermelo e Santa María de Beluso co seu anexo de A Illa de Ons (San Xaquín), nas que residen uns doce mil douscentos habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían da xurisdicción de Cangas con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegan a existir os de Cela, Bueu, Beluso e Hío ata a definitiva proposta de 1836 pola que xorde o concello de Bueu, dentro do partido xudicial de Pontevedra, formado daquela por seis parroquias, entre as que se atopaban as de Aldán e Hío. Na evolución posterior este concello sufrirá a segregación das parroquias de Aldán e Hío, logo de moitos intentos efectiva en 1873. Por outra parte incorpora ó seu territorio as illas Ons e Onza en 1844.
Institución arquivística Arquivo municipal de Bueu
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Expediente de alleamento de parcelas municipais procedentes do aproveitamento lucrativo urbaístico do patrimonio municipal do solo do sector A1S1 das Lagoas con destino a vivendas de protección oficial autonómica. a) peza separada de de 2008 de convenio co Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) de 27 de febreiro de 2007 (M4P2) b) peza separada de alleamento parcelas 1.1. , 1.2. e 4.2. do citado sector Resolución: caducado e non resolto
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Alleamento España Galicia Pontevedra Bueu Bueu (San Martiño)
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Bueu Bueu (San Martiño)
Nome dos puntos de acceso Concello de Bueu (Tema) (Creador)