ATOPO
Rexistros actuais: 1.624.707
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.752

Fondos

Expediente de cesión de uso de terreos en Cabo de Udra, Beluso, para cafetería da Aula da Natureza a favor o Concello de Bueu (2009-2010)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36004.AM.BUE.2.GF001.F0005.SF050.S0386.5.056/3

  • Título Expediente de cesión de uso de terreos en Cabo de Udra, Beluso, para cafetería da Aula da Natureza a favor o Concello de Bueu (2009-2010)

  • Data(s) 2009 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Bueu(1836-2030) O concello de Bueu enclávase na marxe dereita da península do Morrazo. Pertence xeograficamente á comarca do mesmo nome xunto cos concellos lindantes de Cangas, Marín e Moaña e mailo de Vilaboa; xudicialmente intégrase no Partido de Marín logo da súa recente creación. Conta cun total de 53 entidades de poboación dispersas en catro parroquias: San Martiño de Bueu, Santa María de Cela, Santiago de Hermelo e Santa María de Beluso co seu anexo de A Illa de Ons (San Xaquín), nas que residen uns doce mil douscentos habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían da xurisdicción de Cangas con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegan a existir os de Cela, Bueu, Beluso e Hío ata a definitiva proposta de 1836 pola que xorde o concello de Bueu, dentro do partido xudicial de Pontevedra, formado daquela por seis parroquias, entre as que se atopaban as de Aldán e Hío. Na evolución posterior este concello sufrirá a segregación das parroquias de Aldán e Hío, logo de moitos intentos efectiva en 1873. Por outra parte incorpora ó seu territorio as illas Ons e Onza en 1844.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Bueu

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Antecedentes de expediente de cesión de uso de parcela de monte vecinal en mancomún en Cabo de Udra por parte da Comunidade de Montes Veciñais da parroquia de Beluso a favor do Concello de Bueu para cafetería da Aula de natureza de Cabo Udra, así como autorización de tala a favor da Comunidade.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición