ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Cambio de nome de dúas rúas de Bueu

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36004.AM.BUE.2.GF001.F0001.SF0015.S0184.5.038/39

  • Título Cambio de nome de dúas rúas de Bueu

  • Data(s) 1906 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Copia simple do libro de actas de sesións do Pleno da Corporación Municipal de 10 de setembro de 1906 relativo á aprobación da proposición de varios concelleiros in voce para o cambio de denominación de dúas rúas da Vila de Bueu chamadas de orixe pola toponimia menor local: - "Avenida de Montero Ríos" en lugar de "rúa da Praia" como viña conecéndose en honra de don Eugenio Montero Ríos - Rúa de Eduardo Vincenti (Reguera), deputado en Cortes por Pontevedra e xenro do anterior en lugar da actual " rúa do Príncipe ". Aprobado pola unanimidade da Corporación. D. Laureano Piñeiro Domínguez, Alcalde-Presidente (Vid. sig. 25/1. Folio 135 Nota: o topónimo ou nome "Da praia" quedará no nomencátor como "Barrio da Praia" como agrupación das rúas do centro en contraposición co barrio da "Banda do Río" (máis alá da ponte do río do matadoiro, actual hotel Incamar, antes hostal Estévez) coas súas rúas.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Bueu (Tema)

Área de control da descrición