ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acordo de concesión de nome da rúa José María Massó García (1974)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36004.AM.BUE.2.GF001.F0001.SF0015.S0184.5.038/45

  • Título Acordo de concesión de nome da rúa José María Massó García (1974)

  • Data(s) 1974 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Bueu(1836-2024) O concello de Bueu enclávase na marxe dereita da península do Morrazo. Pertence xeograficamente á comarca do mesmo nome xunto cos concellos lindantes de Cangas, Marín e Moaña e mailo de Vilaboa; xudicialmente intégrase no Partido de Marín logo da súa recente creación. Conta cun total de 53 entidades de poboación dispersas en catro parroquias: San Martiño de Bueu, Santa María de Cela, Santiago de Hermelo e Santa María de Beluso co seu anexo de A Illa de Ons (San Xaquín), nas que residen uns doce mil douscentos habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían da xurisdicción de Cangas con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegan a existir os de Cela, Bueu, Beluso e Hío ata a definitiva proposta de 1836 pola que xorde o concello de Bueu, dentro do partido xudicial de Pontevedra, formado daquela por seis parroquias, entre as que se atopaban as de Aldán e Hío. Na evolución posterior este concello sufrirá a segregación das parroquias de Aldán e Hío, logo de moitos intentos efectiva en 1873. Por outra parte incorpora ó seu territorio as illas Ons e Onza en 1844.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Bueu

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Copia simple do libro de actas do Pleno da Corporación Municipal de Bueu en sesión de 27 de marzo de 1974 de acordo de concesión e nomeamento da actual rúa "B" do Plano de Poboación da Vila de Bueu a favor de don José María Massó García, quen fora Alcalde-Presidente (1939-1971) e Presidente do Consello de Administración da entidade Conservas Massó Hermanos S.A. a proposta da Corporación Municipal presidida por don José Benito Otero Baena. Vid. sig. 29/2. Folio 105

Área de notas

  • Nota É copia. Non sabemos a ciencia certa se chegou a incluírse este nome no nomenclátor oficial de estatística das rúas de Bueu. Si chegou a rotularse e confeccionarse a placa en mármore branca e letras metálicas brancas ó estilo das lápidas funerarias. Permaneceu ata o ano 2000 (aproximadamente) no desván e arquivo muncipal da casa consistorial xunto con outras sen colocar e cambiar ata que foron levadas para unha exposición organizada polo Clube Golfiños de Bueu e expostas xunto con outros aparellos antigos na nave da antiga conserveira de Massó Hermanos de Bueu. Tódolos aparellos levados (furna, estufas, máquinas de escribir antigas, farois, etc) nunca viñeron de volta

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Bueu (Tema) (Creador)

Área de control da descrición