ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.874
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acordo de adhesión ao nomeamento de Fillo Predilecto de España a favor de Francisco Franco Baamonde (1936)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36004.AM.BUE.2.GF001.F0001.SF0015.S0174.5.038/48

  • Título Acordo de adhesión ao nomeamento de Fillo Predilecto de España a favor de Francisco Franco Baamonde (1936)

  • Data(s) 1936 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Bueu(1836-2024) O concello de Bueu enclávase na marxe dereita da península do Morrazo. Pertence xeograficamente á comarca do mesmo nome xunto cos concellos lindantes de Cangas, Marín e Moaña e mailo de Vilaboa; xudicialmente intégrase no Partido de Marín logo da súa recente creación. Conta cun total de 53 entidades de poboación dispersas en catro parroquias: San Martiño de Bueu, Santa María de Cela, Santiago de Hermelo e Santa María de Beluso co seu anexo de A Illa de Ons (San Xaquín), nas que residen uns doce mil douscentos habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían da xurisdicción de Cangas con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegan a existir os de Cela, Bueu, Beluso e Hío ata a definitiva proposta de 1836 pola que xorde o concello de Bueu, dentro do partido xudicial de Pontevedra, formado daquela por seis parroquias, entre as que se atopaban as de Aldán e Hío. Na evolución posterior este concello sufrirá a segregación das parroquias de Aldán e Hío, logo de moitos intentos efectiva en 1873. Por outra parte incorpora ó seu territorio as illas Ons e Onza en 1844.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Bueu

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Copia simple do libro de actas do Pleno da Corporación Municipal de Bueu en sesión de 31 de decembro de 1936 de acordo de adhesión a proposta do Concello de Teruel a través de escrito da Alcaldía de Pontevedra, de nomeamento como "Fillo Predilecto de España" a favor do Excmo. Sr. D. Francisco Franco Vaamonde (sic), Generalísimo dos Exércitos Nacionais "en atención ós méritos e relevantes servicios que á Patria vén prestando tan insigne caudillo". Camilo Davila Davila, Alcalde-Presidente Delegado Civil da Comisión Xestora Municipal.

Área de notas

  • Nota É copia. Vid. sig. 27/3 Observación: hai quen quere ver neste acordo o nomeamento de Fiilo Predilecto de Bueu, cremos desacertadamente. Primeiro porque a literalidade do acordo no di isto e tampouco porque sería Fillo Adoptivo e non Predilecto, algo que non se menciona, como tampouco se menciona Bueu por ningún lado. Tampouco existía na época ningún regulamento municipal de honras e distincións aprobado a tal efecto. Así pois, é unha adhesión a unha proposta que chega de fóra

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Bueu (Tema) (Creador)

Área de control da descrición