ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.156
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Fondos

Expediente de concurso e oposición para a provisión en propiedade de varias prazas vacantes de oficial 3ª, secretaría, oficial 3ª intervención, mecanógrafa secretaría e outras

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36060.AM.VILGAR.1.2.4.4.1.759/5

  • Título Expediente de concurso e oposición para a provisión en propiedade de varias prazas vacantes de oficial 3ª, secretaría, oficial 3ª intervención, mecanógrafa secretaría e outras

  • Data(s) 1940 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente. 250 páxinas

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Vilagarcía de Arousa(1836-) O territorio do concello de Vilagarcía de Arousa sitúase no oeste da provincia de Pontevedra. Linda coa ría de Arousa e cos concellos de Catoira, Vilanova de Arousa e Caldas de Reis. Ocupa unha superficie de corenta e oito quilómetros cadrados, con oitenta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas actuais trece parroquias: Arealonga, Bamio, O Carril (núcleo), O Carril (Santiago de), Cea, Cornazo, Fontecarmoa, Rubiáns, Sobradelo, Sobrán, Vilaxoán, Solobeira e Vilagarcía, nas que residen trinta e cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias integrábanse daquela nas xurisdiccións do Carril, con señorío do arcebispo de Santiago; as de Vilagarcía e Rubiáns, con señorío do marqués de Vilagarcía; a de Sobrán, con señorío do conde de Maceda, e a de Vilanova de Arousa con señorío do arcebispo de Santiago e do marqués de la Sierra. Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Rubiáns, Sobrán, Vilagarcía e Carril. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, dentro do partido xudicial de Cambados, créanse xunto con outros, os concellos de Carril, Vilaxoán e Vilagarcía. As variacións máis destacadas nestes anos de existencia da entidade local, dentro dos moitos intentos, serían a segregación da parroquia de András dende Vilaxoán a Vilanova de Arousa no ano 1843; a integración dos concellos de Carril e Vilaxoán no de Vilagarcía, efectiva na sesión plenaria de 31 de marzo de 1913; e a incorporación temporal, de 1935 a 1945, de varias parroquias do concello de Vilanova (András, Baión, Caleiro, A Illa e Tremoedo).

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Vilagarcía de Arousa

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente de concurso e oposición para a provisión en propiedade de varias prazas vacantes de oficial 3ª, secretaría, oficial 3ª intervención, mecanógrafa secretaría, ofical 2ª secretaría, 8 gardas municipais, 7 cabos de arbitrios, 8 fieis 1ª arbitrios, 47 fieis 2ª arbitrios, 3 matronas de arbitrios, 7 varredores, 1 varredor oficial e auxiliar nocturno de redes de sumidoiros. Contén: - Expediente administrativo. - Expediente de solicitude de suspensión de concurso - oposición por parte dos funcionarios de arbitrios. - Expedientes concursos - oposicións (instancias, exercicios, nomeamentos). Seleccionados: * Jaime Oubiña Oubiña, Manuel Encisa Miranda, Luis Blanco Fernández, Jesús Castro Mosquera, Francisco Sousa Barreiro e Joaquín Durán Durán (gardas municipais). * Jorge formoso Rofferty, Francisco Besada Portas, Antonio Vidales Fernández e Francisco Rodríguez Otero (cabos arbitrios). * José Rey Rey, Ramón López Herbón, Joaquín Conles Rey, José Saavedra Mondragón e Nicanor Rubianes Suárez (fieis 1ª arbitrios). * José Méndez Quintáns, Germán Trigo Gómez, Benito Buceta Mouriño, Jesús Casal Longo, Luis Abalo, José Fernández Silva e Ramón Torres Faro (fieis 2ª arbitrios). * María Mercedes Lorenzo Andújar (mecanógrafa).

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Vilagarcía de Arousa (Tema) (Creador)

Área de control da descrición