Fondos
- ES.GA.36045.AM.RED.2. PROXECTO ARQUIVO AUDIOVISUAL 
PROXECTO ARQUIVO AUDIOVISUAL
Área de identificación
- Código(s) de referencia ES.GA.36045.AM.RED.2 
- Título PROXECTO ARQUIVO AUDIOVISUAL 
- Data(s) 1890 - 2024 (Produción) 
- Volume e soporte 54 coleccións fotográficas; 4939 rexistros de documentos ou agrupacións documentais 
Área de contexto
- Nome do produtor Concello de Redondela(1836-2024) O territorio do concello de Redondela sitúase no oeste da provincia de Pontevedra, a carón da ría de Vigo; linda cos concellos de Soutomaior, Pazos de Borbén, Mos e Vigo. Ocupa unha superficie superior ós cincuenta e dous quilómetros cadrados, con corenta e seis entidades de poboación dispersas nas súas trece parroquias: Cabeiro, Cedeira, Cesantes, Chapela, Negros, Quintela, Reboreda, Redondela, Saxamonde, Trasmañó, Ventosela, Vilar de Infesta e O Viso, nas que residen ó redor de trinta mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa definitiva inclusión na provincia de Pontevedra, dentro do Partido Xudicial de Redondela. A totalidade das parroquias dependían no Antigo Réxime da xurisdicción de Redondela Nova, con señorío do arcebispo de Santiago; da de Redondela Vella, con señorío do bispo de Tui; da de Saxamonde, con señorío do marqués de Valladares; da do Val do Fragoso, con señorío do seu concello e do coto de Cedeiro. Iniciado o proceso de constitución dos concellos a principios do século dezanove chegaron a funcionar varios neste territorio, entre eles os de Redondela, Vilavella, Cedeira, Saxamonde e Reboreda. Xa no proceso definitivo créase o concello de Redondela, dentro do Partido Xudicial do mesmo nome, cun total de catorce parroquias. Dende entón mantense a mesma superficie territorial pero suprimiuse a parroquia de Santiago de Vilavella, pasando a integrarse na de Santiago de Redondela. 
- Institución arquivística Arquivo municipal de Redondela 
- Historia arquivística No ano 2014 ábrese no Arquivo municipal de Redondela o proxecto do Arquivo Audiovisual: un lugar onde poder custodiar copias dixitais das fotografías que as persoas veciñas de Redondela queiran compartir co resto da veciñanza. O protocolo é sempre o mesmo: as persoas propietarias ceden temporalmente as fotografías no Arquivo municipal para proceder ó seu escaneo. Unha vez dixitalizadas son devoltas ós/ás seus/súas cedentes en igual maneira en que foron depositadas. Entrégase, ademais, unha copia en dixital de todo o material entregado. A persoa propietaria das fotografías firma por escrito un documento onde permite a difusión das imaxes, así coma o uso libre das mesmas (sempre e cando non sexan usadas con fins lucrativos) e sempre baixo unha única condición: que sempre que se usen as fotografías, sexa citado claramente a orixe das mesmas: Fondo propiedade de... O Concello, pola súa parte, comprométese a crear un Fondo particular por cada persoa o familia cedente, non sendo nunca o Concello de Redondela propietaria das fotografías, senón canle para a súa difusión. 
- Forma do ingreso Por cesión temporal ao arquivo para a súa dixitalización. 
Área de contido e estrutura
Área de condicións de acceso e utilización
- Condicións que rexen o acceso Consulta e difusión libres, salvo fins lucrativos. 
- Condicións de reprodución Toda reprodución ou publicación das imaxes deberá especificar a persoa ou familiar posuidora das mesmas: Fondo Propiedade de... 
- CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Imaxes dixitais en formato .TIFF escaneadas a 600 ppp. de resolución (ficheiro máster) 
Ãrea de notas
- Nota 
Puntos de acceso
- Puntos de acceso de materias Fotografía España Galicia Pontevedra Redondela 
- Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Redondela 
- Nome dos puntos de acceso Concello de Redondela (Tema) (Creador) 
 
 