ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fotografía da Festa dos Maios

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36045.AM.RED.2.1.JA XESTEIRA 004

  • Título Fotografía da Festa dos Maios

  • Data(s) 1956 (Creación)

  • Volume e soporte Imaxe dixitalizada en .tiff

Área de contexto

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Redondela

  • Historia arquivística Fotografía cedida temporalmente no 2014 por José Ángel Gesteira Pazos para a súa dixitalización. Unha vez escaneada en Arquivo, créase esta imaxe dixital e devólvese a fotografía en papel..

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido JA XESTEIRA 004 e JA XESTEIRA 004 envés. Expediente 4458/2018 Fotografía da Festa dos Maios (1956) na que aparece o Maio con forma de cono feito con fiuncho, flores, calas e con dous bonecos vestidos co traxe tradicional galego subindo por unha escaleira; O grupo de nenos posacos paus da actuación e a bolsa de tela para recoller as axudas, na actual rúa Santa Mariña. No grupo dos nenos están de esquerda a dereita e de arriba a abaixo: Luis Pérez Docampo, José Ángel Gesteira Pazos, Alejandro Gesteira Pazos, Isidoro Migueles Docampo, Carlos Pazos Docampo. Agachados: Jaime Pazos Docampo, Alberto Pazos Docampo, Eduardo Soto López. Recoñécese ó fondo a capela de Santa Mariña, aínda cun lateral cuberto de cal. Na Fotografía JA XESTEIRA 004 envés aparece o texto pon "Debes conocer por lo menos a 6. Cantábamos todos menos Jandro".

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Aceso e reprodución libres, salvo con fins lucrativos ou uso pexorativo da imaxe das persoas reflexadas.

  • Condicións de reprodución Toda reprodución ou publicación das imaxes deberá especificar a persoa ou familiar posuidora das mesmas: "Fondo Propiedade de J.A. Xesteira"

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Os orixinais están en posesión de José Ángel Gesteira Pazos, que as cedeu temporalmente no seu día para a súa dixitalización.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición