Fondos
912/7. Expediente de oposición as concesión de parcelas na zona marítimo terrestre, destinadas á construción de fábricas e almacéns
Expediente de oposición as concesión de parcelas na zona marítimo terrestre, destinadas á construción de fábricas e almacéns
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36060.AM.VILGAR.1.3.1.1.1.912/7
Título Expediente de oposición as concesión de parcelas na zona marítimo terrestre, destinadas á construción de fábricas e almacéns
Data(s) 1902-1916 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente. 38 páxinas
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Vilagarcía de Arousa(1836-) O territorio do concello de Vilagarcía de Arousa sitúase no oeste da provincia de Pontevedra. Linda coa ría de Arousa e cos concellos de Catoira, Vilanova de Arousa e Caldas de Reis. Ocupa unha superficie de corenta e oito quilómetros cadrados, con oitenta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas actuais trece parroquias: Arealonga, Bamio, O Carril (núcleo), O Carril (Santiago de), Cea, Cornazo, Fontecarmoa, Rubiáns, Sobradelo, Sobrán, Vilaxoán, Solobeira e Vilagarcía, nas que residen trinta e cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias integrábanse daquela nas xurisdiccións do Carril, con señorío do arcebispo de Santiago; as de Vilagarcía e Rubiáns, con señorío do marqués de Vilagarcía; a de Sobrán, con señorío do conde de Maceda, e a de Vilanova de Arousa con señorío do arcebispo de Santiago e do marqués de la Sierra. Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Rubiáns, Sobrán, Vilagarcía e Carril. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, dentro do partido xudicial de Cambados, créanse xunto con outros, os concellos de Carril, Vilaxoán e Vilagarcía. As variacións máis destacadas nestes anos de existencia da entidade local, dentro dos moitos intentos, serían a segregación da parroquia de András dende Vilaxoán a Vilanova de Arousa no ano 1843; a integración dos concellos de Carril e Vilaxoán no de Vilagarcía, efectiva na sesión plenaria de 31 de marzo de 1913; e a incorporación temporal, de 1935 a 1945, de varias parroquias do concello de Vilanova (András, Baión, Caleiro, A Illa e Tremoedo).
Institución arquivística Arquivo municipal de Vilagarcía de Arousa
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Expediente de oposición as concesión de parcelas na zona marítimo terrestre, destinadas á construción de fábricas e almacéns, que perxudican o desenvolvemento urbanístico do municipio, outorgadas polo Ministerio de Obras Públicas... Solicitantes: -Valentín Alcalde Azcona:almacén de peixe e mariscos, en Santa Lucía (1902). - Lisardo Barreiro: fábrica de extracción de iodo de algas de mar, no porto (1906). - Rogelio Ferreiros Ferreiros: Depósito de carbón no porto de O Carril (1916).
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Planificación urbana España Galicia Pontevedra Vilagarcía de Arousa Carril, O (Santiago)
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Vilagarcía de Arousa Carril, O (Santiago)
Nome dos puntos de acceso Concello de Vilagarcía de Arousa (Tema) (Creador)