Fondos
ES.GA.36038.AMPo.9. COLECCIÓN RAFAEL VÁZQUEZ
-
A001/019. Celebración da festividade do Corpus. Detalle do acto litúrxico. Praza da Ferrería.
-
A001/020. Celebración da festividade do Corpus. Detalle da procesión. Rúa da Michelena
-
A001/021. Celebración da festividade do Corpus. Detalle do acto litúrxico. Praza da Ferrería
-
A002/016. Procesións de Semana Santa. Foto de paso. Rúa Isabel II
-
A002/018. Procesións de Semana Santa. Instántanea de paso. Praza da Peregrina
-
A002/019. Procesións de Semana Santa. Instántanea de paso. Praza da Ferrería
-
A002/022. Procesións de Semana Santa. Foto de paso procesional. Rúa Isabel II
-
A002/023. Procesións de Semana Santa. Foto de paso procesional. Rúa Sarmiento
-
A002/024. Procesións de Semana Santa. Foto de procesión, paso da Virxe das Dores. Rúa Isabel II
-
A002/025. Procesións de Semana Santa. Foto de paso procesional. Rúa Isabel II
-
A002/026. Procesións de Semana Santa. Foto de paso procesional. Rúa Sarmiento
-
A004/112. Acto no Instituto, presidido por Filgueira Valverde. Gran Vía de Montero Ríos
-
C006/003. Retrato de corpo completo de personaxe masculino, coñecido como Neno (C1 / 4)
-
C006/008. Instantánea de acto falanxista, detalle das autoridades.(C2 / 12)
-
C006/010. Peña do Bar A Navarra. Foto tomada no interior do local. (C 1 / 6)
-
C006/014. Equipo do Pontevedra Fútbol Club, no campo de fútbol de Pasarón . (C 2 / 13)
-
C006/015. Equipo de fútbol de Almacéns Simeón, no Campo de Fútbol de Pasarón . (C 2 / 8)
-
A006/027. Coches de bombeiros na Praza de España, ante o Concello
-
A008/028. Inauguración do Monumento ao Soldado. Detalle do Monumento.
-
A008/030. Inauguración do Monumento ao Soldado. Vista do Monumento. EC: Restos de adhesivo
-
A008/057. Inauguración do Monumento ao Soldado. Detalle do Monumento. EC: Restos de adhesivo.
COLECCIÓN RAFAEL VÁZQUEZ
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPo.9
Título COLECCIÓN RAFAEL VÁZQUEZ
Data(s) 1955-1974 (Creación)
Volume e soporte 416 unidades documentais simples
Área de contexto
Nome do produtor Rafael Vázquez(1915-2003) Rafael Vázquez González, mais coñecido como Rafa Vázquez, nace en Vigo o 30 de outubro de 1915, nunha familia de comerciantes, seus pais eran propietarios dunha pequena tenda de ultramarinos situada na rúa Sanjurjo Badía. A súa nenez pasa no barrio de Teis, onde finaliza os seus estudos primarios, comeza a traballar no negocio familiar ata que se declara a guerra civil . Debido as dificultades económicas derivadas da guerra vese obrigado a buscar unha nova actividade coa que poder subsistir. Será a súa relación de amizade co fotógrafo Alfredo Pintos a que o leve a buscar na fotografía un novo medio de vida. Nesta nova etapa profesional, desprazarase a Pontevedra onde retratará a súas rúas, prazas, xardíns e os monumentos máis representetivos. Nos seus primeiros anos como fotógrafo desenvolverá a súa actividade entre Vigo e Pontevedra, e outros lugares de Galicia, incluso chegou a fotografiar lugares de Extremadura co fotógrafo Pintos. A principios dos corenta decide abandonar o duro traballo de fotógrafo ambulante e instálase definitivamente como fotógrafo de rúa en Pontevedra. Instálase no número 4 da rúa de Santa María en compaña da súa esposa María, coa que tería un fillo, Rafael, que co tempo serguiría os pasos profesionais do seu pai.
Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra
Historia arquivística As fotografías proceden dunha exposición que se levou a cabo a principios dos anos 90 no teatro principal de Pontevedra. Unha vez rematada a exposición foron doadas ao Concello e, posteriormente, transferidas ao arquivo para a súa custodia.
Forma do ingreso Préstamo
Área de contido e estrutura
Alcance e contido O fondo abrangue un período cronolóxico que vai dende 1955 a 1986. Está formado por fotografías que retratan a vida cotiá en Pontevedra, as súas festas, actos políticos, actos relixiosos, etc. Os soportes están afectados por fungos, sobre todo na parte exterior, debido a que estiveron moito tempo gardados en contedores de vidro, o que provocou a condensación por humidade, antes do seu traslado ao arquivo municipal.
Valoración, selección e eliminación Conservación permanente
Novos ingresos Non previstos
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Libre acceso
Instrumentos de descrición Descrición en Atom e base de datos en Acces
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais No Arquivo do Museo de Pontevedra
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Rafael Vázquez (Tema) (Creador)