ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.590
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.660

MARQUESADO DE VALADARES

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36057.AM.VIG.5.

  • Título MARQUESADO DE VALADARES

  • Data(s) 1532-1950 (Creación) 1532-00-00 - 1950-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 8 unidades de instalación; 370 expedientes ou agrupacións documentais en soporte papel

Área de contexto

  • Nome do produtor Marquesado de Valadares(1673-Actualidade) O marquesado é un título nobiliario polo que se concede unha honra ou dignidade a certos individuos ou liñaxes por parte das monarcas. A súa posición xerárquica dentro dos títulos nobiliarios é superior á de conde pero inferior á de duque. Estes títulos nobiliarios son recoñecidos polo Rey e regulados polo Estado, sendo empregados como premio pola realización de grandes méritos ou vendas cando escaseaban os recursos económicos dos monarcas, especialmente nos séculos XVII e XVIII. O marquesado de Valadares é un título nobiliario español creado o 6 de xuño de 1673 polo rei Carlos II de España a favor de Luis Sarmiento de Valladares y Meira, I vizconde de Meira. O vizcondado de Meira, foi outorgado o 21 de xullo de 1670, polo rei Carlos II de España a Diego Sarmiento de Valladares, bispo de Plasencia e inquisidor xeral de España, para o seu sobriño paterno Luis Sarmiento de Valladares y Meira, que posteriormente sería nomeado I marqués de Valadares. A súa denominación fai referencia á parroquia de Valadares, pertencente ao municipio de Vigo, na Provincia de Pontevedra.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Vigo

  • Historia arquivística Historia arquivística A historia arquivística do fondo do Marquesado de Valadares discorre paralela á historia da propia familia. A Casa de Valadares ten a súa orixe na Idade Media, comezando un lento proceso de agrupación dos legados e títulos doutras casas nobiliarias como son o Vizcondado de Meira, o Vizcondado de Pegullal ou o Marquesado de Mos, de modo que parte da documentación destas familias intégrase no Arquivo da Casa. No século XIX o acervo da Casa de Montenegro, custodiado no Pazo de Castrelos, incorpórase ao fondo familiar mediante o matrimonio de Francisco Javier Martínez de Arce e Joaquina Montenegro. Neste momento o arquivo consérvase na casa-palacio da rúa Oliva de Vigo. Chegado o século XX e tras a morte de Fernando Quiñones de León Elduayen, Marqués de Mos e Valadares, prodúcese un repartimento das propiedades e da documentación entre as ramas familiares dos Quiñones de León e dos Pérez de Castro. A documentación en mans dos Quiñones de León foi depositada no Arquivo Histórico Nacional en 1973, encontrándose dividida entre a Sección Nobreza situada en Toledo e o arquivo de Madrid. Co gallo da promulgación, o 2 de decembro de 1963, dunha disposición relativa aos foros indicando a súa liquidación nun prazo máximo de dez anos, a familia Pérez de Castro contrata á arquiveira Olga Gallego para a ordenación e catalogación do fondo desta rama familiar. En agosto de 1992 ese mesmo fondo sería vendido pola familia ao Concello de Vigo para o seu depósito no Arquivo Municipal de Vigo. Posteriormente engádense ao fondo Marquesado de Valadares varias ducias de rexistros documentais mercados Concello de Vigo ao anticuario Fernando Geijo, de León, por 750.000 pts de conformidade ao acordo da Comisión Municipal Permanente do 26 de abril de 1991. Tal como indicaba este, esta pequena parte do fondo documental estaba unido a outra documentación pertencente aos Condes de Luna ou Quiñonés de León que emparentaron coa familia Valladares. Tras adquirir esta documentación e segregar os documentos pertencentes a cada familia, aqueles adscritos aos Marquesado de Valadares foron ofrecidos ao Concello de Vigo para a súa compra. Realizada a adquisición, a documentación foi integrada no pequeno fondo documental que xa atesouraba o Arquivo municipal como unha sección separada do resto da documentación. Non obstante, no proceso de recatalogación e redescrición do fondo documental, as dúas fraccións separadas foron organizadas como unha única unidade para poder dotar ao fondo dunha estrutura clasificatoria única. Tal como indicaba este, esta pequena parte do fondo documental estaba unido a outra documentación pertencente aos Condes de Luna ou Quiñonés de León que emparentaron coa familia Valadares. Tras adquirir esta documentación e segregar os documentos pertencentes a cada familia, aqueles adscritos aos Marquesado de Valadares foron ofrecidos ao Concello de Vigo para a súa compra. Realizada a adquisición, a documentación foi integrada no pequeno fondo documental que xa atesouraba o Arquivo municipal como unha sección separada do resto da documentación. Non obstante, no proceso de recatalogación e redescrción do fondo documental, as dúas fraccións separadas foron organizadas como unha única unidade para poder dotar ao fondo dunha estrutura clasificatoria única.

  • Forma do ingreso Por compra, en dúas etapas. O groso da documentación foi comprada á familia en agosto de 1992 para o seu depósito no Arquivo Municipal. Outra parte deste fondo foi comprado polo Concello de Vigo a Fernando Geigo en León, de conformidade ao acordo da Comisión Municipal Permanente do 26 de abril de 1991, pola cantidade de 750.000 pts.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido O Marquesado de Valadares é un título nobiliario creado polo rei Carlos II de España o 6 de xuño de 1673 a favor de Luis Sarmiento Valadares Meira, primeiro vizconde de Meira. Co paso dos anos esta casa adquiriu grande importancia agregando outros señoríos, condados, marquesados e ducados ata chegar a converterse nunha das principais familias nobres de Galicia. O fondo documental Marquesado de Valadares comprende 8 unidades de instalación cunha extensión de 0,92 metros lineais, cunhas datas extremas que enmarcan o fondo documental entre os anos 1532 e 1950. A maioría da documentación pertence a dúas series, Correspondencia e Certificacións eclesiásticas, que suman 228 rexistros dos 369 que compoñen o conxunto. Dentro da Correspondencia cabe sinalar que a práctica totalidade da mesma son oficios recibidos por José Elduayen Gorriti (Ministro de Facenda ou de Ultramar, entre outros cargos de relevancia) entre os anos 1875 e 1898, supoñendo unha fonte excepcional para o estudo da política local, rexional e nacional nos anos da Restauración. O documento máis antigo do fondo é unha Partilla de bens entre Catalina Alonso de Pazos e Tristán de Montenegro, datado no ano 1532. Compre sinalar que 116 dos rexistros do fondo documental do Marquesado de Valadares foron mercados polo Concello de Vigo a Fernando Geijo Rodríguez, empresario leonés que dedicou parte da súa vida a recompilar documentación sobre a familia Quiñones de León, entroncada cos Valadares no século XIX.

  • Valoración, selección e eliminación Non se realizou ningún expurgo dado a pequena dimensión do fondo e o seu carácter patrimonial e de conservación permanente.

  • Novos ingresos Non se esperan novos ingresos dado que se trata dun fondo pechado.

  • Organizació

    O fondo estaba organizado en base a un cadro orgánico-funcional e un “anexo” adquirido por compra a Fernando Geijo:
    
    CADRO DE CLASIFICACIÓN (antigo)
    
    1.- Misas (1685-1834).
    2.- Correspondencia (1771-1901).
    3.- Patrimonio e administración de posesións (1838-1896).
    4.- Asuntos xudiciais (1856-1863).
    5.- Informacións (1748).
    6.- Fondo comprado a Fernando Geigo (1532-s.XX).
    
    Non obstante, durante o proceso de reclasificación, recatalogación e redescrición que actualmente se está a levar a cabo sobre os fondos do Arquivo municipal estableceuse un cadro de clasificación orgánico-funcional normalizado para os fondos familiares baseado no cadro de clasificación ofrecido por Olga Gallego no seu “Manual de archivos familiares” que se estrutura da forma a seguir:
    
    0.- DOCUMENTOS XENEALÓXICOS E HERÁLDICOS (1748/1850)
    
    1.- DOCUMENTACIÓN PATRIMONIAL (1532-1934)
    1.1- Transmisión da propiedade (1532-1934)
    1.2.- Administración da propiedade (1706-1934)
    
    2.- DOCUMENTACIÓN DE CARÁCTER SEÑORIAL (1665-1920)
    
    3.- DOCUMENTACIÓN DE CARÁCTER XURÍDICO (1569-1895)
    
    4.-  OFICINA DA CASA. ARQUIVO (1542-1922)
    
    5.- OUTRA DOCUMENTACIÓN (1650-1950)
    
    Dentro destas seccións estarían integradas as series documentais específicas dependentes, así como todas as unidades documentais que compoñen o fondo.

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación patrimonial de libre acceso.

  • Condicións de reprodución Reprodución libre a solicitude do interesado, coa excepción da protección documental e da salvagarda da súa integridade.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Documentación en soporte papel na súa práctica totalidade.

  • Instrumentos de descrición Catálogo informatizado accesible a traves do portal Atopo: https://atopo.depo.gal/

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fóra do arquivo municipal.

  • Existencia e localización de copias Non se coñece a existencia de copias.

  • Unidades de descrición relacionadas Documentación relacionada con distintos fondos custodiados en diversos arquivos: > Marquesado de Mos e Valadares, tamén depositado no Arquivo municipal de Vigo > Archivo de los Marqueses de Mos (1181-1834): este fondo documental, propiedade dos marqueses de San Carlos, foi depositado no Archivo Histórico Nacional en 1973. En 1995 trasládase á Sección Nobleza do Archivo Histórico Nacional (Toledo). > Familia Sarmiento Valladares (1157-1982): fondo familiar depositado no Arquivo do Reino de Galicia cun volume de dúas unidades de instalación. Na súa maioría son documentos relacionados con nomeamentos, grazas e mercedes ou acreditación de servizos, destacando a de Diego Sarmiento de Valladares, inquisidor xeral.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de materias FAMILIA E PROPIEDADE

  • Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Vigo Valadares (Santo André)

  • Nome dos puntos de acceso Marquesado de Valadares (Tema) (Creador)

Área de control da descrición