Fondos
ES.GA.36057.AM.VIG.7.. CONDADO DE RAMIRÁS E XIMONDE
CONDADO DE RAMIRÁS E XIMONDE
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36057.AM.VIG.7.
Título CONDADO DE RAMIRÁS E XIMONDE
Data(s) 1505-1937 (Creación)
Volume e soporte 78 unidades de instalación con 3.389 expedientes ou agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Condado de Ximonde(1776-1860) O Condado de Ximonde foi creado por Carlos III en 1776, para favorecer a Xoán Antonio de Cisneros de Castro y de la Barrera (1721-1798), rexedor perpetuo da cidade de Santiago e Señor do Couto de Ximonde, da Torre de Couso, do Pazo de Anzobre e do Castelo de Mirón, entre outras propiedades. O condado recibe o seu nome da aldea de Ximonde (San Miguel de Sarandón, Vedra).
Institución arquivística Arquivo municipal de Vigo
Historia arquivística Fondo doado José María Álvarez Blázquez que carecía de calquera tipo de organización, existindo unicamente un índice de documentos en soporte papel que en moitos casos tan só facía referencia á unidade de instalación. No ano 2022, dentro do proceso de reorganización documental do Arquivo municipal, este fondo foi obxecto dun primeiro tratamento arquivístico por parte dunha empresa externa coa finalidade de clasificar e ordenar a documentación e realizar unha primeira descrición a nivel de unidade documental. Durante ese proceso foi segregada a documentación relativa á Fábrica de Papel de Soutorredondo por conformar un fondo de seu. Ademais tamén foi segregada documentación que non formada parte do fondo e que foi reintegrada no fondo municipal. Por outra parte, tamén foi reintegrada dentro do fondo outra documentación que se encontraba segregada do mesmo e integrada nas coleccións facticias existentes no Arquivo, especialmente aquela asociada á colección "Documentación xudicial".
Forma do ingreso Ingreso por doazón realizada por José María Álvarez Blázquez
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Dentro deste conxunto documental destaca á documentación de carácter patrimonial. Na súa maior parte está relacionada coa administración do patrimonio das familias e liñaxes que ostentaron estes títulos nobiliarios e outras asociadas, pero tamén atopamos documentos de carácter señorial, como nomeamentos de cargos ou títulos, e aqueles que teñen que ver con cuestións xurídicas e da fe pública. Neste sentido podemos destacar a existencia de índices e protocolos notariais, tanto da provincia da Coruña como de Pontevedra entre os anos 1593 e 1754. Outro apartado de importancia dentro do fondo é o denominado “oficina da casa”, onde destacan a correspondencia e as certificacións eclesiásticas. O último bloque de documentación engloba os asuntos militares, as publicacións e outros documentos que, dado a súa especificidade ou a súa ilexibilidade, están incluídos na serie de “varios”. O fondo ten unha grande amplitude cronolóxica e territorial, abranguendo desde o s. XVI até principios do s. XX e comprendendo documentación relacionada principalmente con municipios e parroquias da Provincia da Coruña e Pontevedra, aínda que tamén da Provincia de Ourense. Ademais, tamén comprende documentación de diferentes casas e liñaxes galegas entre as que podemos destacar as seguintes: Casa da Golpelleira: a historia do Pazo da Golpelleira ten as súa orixes no s. XVI coa construción dun pequeno forte que anos máis tarde, grazas ao seu estado de conservación e tras varias melloras –unha das máis importantes a finais do s. XIX- deu como resultado o actual pazo. A parcela pertence desde fai varias xeracións á familia López Ballesteros. Casa de Bergondo: o vínculo de Bergondo foi fundado en 1632 polo que a construción do pazo, sito en Noia, debeu de realizarse nesas datas. O señor do Pazo de Bergondo foi Juan Valera de Ulloa y Sotomayor, casado con María de Caamaño Bermúdez de Castro. Casa de Nantón: O pazo de Nantón foi edificado a comezos do século XVII polo capitán Francisco Rodríguez de Gondomil (falecido en 1641) e a súa muller María Martínez, filla de Pedro Martínez de Nantón e Alberta Rodríguez. Casa de Preguecido: O morgado desta casa fundouno Gómez Rodríguez de Soutomaior e Rioboo, fillo de Xoán Rodríguez de Castro e Riobó “o vello” e de Constanza Rodríguez, (ou da súa segunda muller, Urraca Ares de Soutomaior, da casa de Gondar en Xeve). Gómez era cóengo da catedral de Santiago e fundou en 1556 o vínculo e morgado de Preguecido, deixando como sucesor primeiro ao seu neto Xoán Rodríguez de Rioboo (o mozo), que casou con Maior Suárez de Vilar Casa de Villardefrancos: con sede nun pazo sito en Carballo, construído no s. XVI por García de Pardiñas que funda o morgado de Villardefrancos no seu fillo en 1527. En 1860 xa pertencía a Juan Ignacio de Pardillas, pasando posteriormente a mans do Marqués de la Atalaya. Dentro da súa xenealoxía podemos destacar a José María Bermúdez de Mandiá Pardiñas y Villardefrancos, VIII Señor dos coutos xurisdicionais de Santa Cecilia de Trasancos, Xuvia e Caranza, estendendo a súa xurisdición aos coutos de Vilar de Francos en Carballo e Outeiro de Lamas en Baralla, entre outros, ademais de ser un importante terratenente da comarca de Ferrol. Ademais destas casas, dentro deste fondo tamén podemos encontrar documentación relacionada coa Familia Antelo, Familia Bergaña, Familia Bouzón, Familia Castro y Santander, Familia Gómez Giance, Familia Pardiñas, Familia Patiño, Familia Pose de Ocampo, Familia Santander, Familia Vázquez Ballesteros, Familia Vázquez de Canaval ou a Familia Vázquez de Torres. Desta forma, este fondo convértese nunha importante fonte para o estudo e a investigación da historia moderna de Galicia, especialmente nos concellos e parroquias da Provincia da Coruña. Así mesmo, achega importantes informacións sobre as xenealoxías das grandes casas nobiliarias de Galicia entre os séculos XVI e XIX.
Valoración, selección e eliminación Non se realizou ningún expurgo.
Novos ingresos Non se esperan novos ingresos dado que se trata dun fondo pechado.
Organizació
O fondo esta organizado nun cadro de clasificación normalizado para os fondos familiares baseado no cadro de clasificación ofrecido por Olga Gallego no seu “Manual de archivos familiares”, e adaptado polo Arquivo da Deputación de Pontevedra, que se estrutura da forma a seguir: 0.- DOCUMENTOS XENEALÓXICOS E HERÁLDICOS (1761-1768) 1.- DOCUMENTACIÓN DE CARÁCTER PATRIMONIAL (1505-1909) 1.1- Transmisión da propiedade (1505-1909) 1.2.- Administración da propiedade (1524-1911) 2.- DOCUMENTACIÓN DE CARÁCTER SEÑORIAL (1551-1896) 3.- DOCUMENTACIÓN DE CARÁCTER XURÍDICO E DA FE PÚBLICA (1529-1902) 4.- OFICINA DA CASA. ARQUIVO (1565-1914) 5.- OUTRA DOCUMENTACIÓN (1683-1937) Dentro de cada unha destas seccións estarían integradas as series documentais relacionadas.
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Documentación patrimonial de libre acceso.
Condicións de reprodución Reprodución libre a solicitude do interesado, coa excepción da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Documentación en soporte papel na súa práctica totalidade.
Instrumentos de descrición Catálogo somero informatizado
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fóra do arquivo municipal.
Existencia e localización de copias Non se coñece a existencia de copias.
Unidades de descrición relacionadas Conde de Ximonde (1536-1783): fondo familiar depositado no Arquivo do Reino de Galicia cun volume total de catro unidades de instalación. No Arquivo da Universidade de Santiago de Compostela, dentro da sección de Arquivos Familiares, formado por series na súa maior parte relacionadas coa administración patrimonial, xunto con outras de carácter privado e familiar e cuxas datas extremas van do século XIV ata mediados do século XX, posúen documentación relacionada cos condes de Ximonde. Conde de Ximonde (s.XVI-s.XIX): fondo familiar depositado no Arquivo Histórico Universitario de Santiago de Compostela ingresado mediante compra: https://arquivo.usc.es/ahus2/showInformacionNodo/1244239
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Condado de Ximonde (Tema) Condado de Ramirás (Tema) (Creador) (Creador)