Fondos
ES.GA.36057.AM.VIG.3.. XULGADO DE BOUZAS
XULGADO DE BOUZAS
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36057.AM.VIG.3.
Título XULGADO DE BOUZAS
Data(s) 1642 - 1886 (Creación) 1642 - (Produción) - 1886 (Produción)
Volume e soporte 80 unidades de instalación con 2.727 expedientes ou agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Xulgado de Bouzas(s. XVII-1904) San Miguel de Bouzas é unha parroquia do concello de Vigo que limita coas parroquias de Santa Baia de Alcabre e San Martiño de Coia, pertencendo ao arciprestado de Vigo-Polígono. Bouzas foi un concello independente con orixe na Idade Media, froito do enfrontamento entre o Arcebispado de Santiago e o Bispado de Tui. Este último promoveu o establecemento da vila mariñeira en contraposición aos dominios adquiridos polo Arcebispado de Santiago en Santa María de Vigo. En 1501 o bispo de Tui outorgoulle o “instrumento de liberdade franqueza (“foro”) no que se lle concedía unha primitiva organización política. Eclesiasticamente pertencía á freguesía de San Martiño de Coia pero en 1572 ordenouse a construción dunha ermida baixo a advocación de San Miguel de Bouzas. Dous anos máis tarde a ermida elévase a Igrexa parroquial e se segrega da freguesía de Coia. Xa na Idade Moderna, no Catastro de Ensenada (1749), aparece referida a xurisdición de Bouzas, pertencente ao bispado de Tui, composta por cinco parroquias: Bouzas, Coia, Beade, Bembrive e Coruxo. Esta xurisdición gozaba dun xuíz ordinario, un escribán e catro rexedores. Máis tarde, o 22 de outubro de 1778 Carlos III concede (ou confirma) o título e prerrogativa de “vila”. Coa chegada do Réxime Liberal no século XIX a vila de Bouzas seguiu gozando da súa independencia, esta vez como concello constitucional. Tanto a altura de 1813, como de 1820 e 1822 aparece citado o Concello de Bouzas. Finalmente, tras a división provincial de Javier de Burgos en 1833 e a aprobación do RD do 23 de xullo de 1835, estableceríase a nova planta dos concellos constitucionais da Provincia de Pontevedra. Nesta nova divisións territorial o municipio de Bouzas pasaría a ter nove parroquias: Bouzas, Coia, Alcabre, Comesaña, Matamá, Navia, Coruxo, Oia e Saiáns. Esta composición manteríase practicamente inalterada durante todo o século XIX a excepción dun breve lapso de tempo no que o Concello de Bouzas sería anexionado ao veciño municipio de Vigo durante a Revolución Gloriosa de 1868. Xa a finais do século XIX comezará a absorción definitiva do Concello de Bouzas por parte do Concello de Vigo. Serán os veciños de Matamá os primeiros en solicitar a segregación en 1898 sendo aprobada e consumada eno ano 1900 pasando a formar parte do Concello de Vigo. Pouco tempo despois serían os veciños de Coia os que solicitará a súa unión ao Concello de Vigo sendo confirmada en xullo de 1901. Finalmente, en 1904, o resto das parroquias do Concello de Bouzas serían agregadas ao Concello de Vigo mediante a Lei de 5 de xaneiro dese ano dando fin a sesenta e oito anos como municipio independente.
Institución arquivística Arquivo municipal de Vigo
Forma do ingreso Por transferencia directa ao arquivo ao remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo. Tras a anexión do Concello de Bouzas e a desaparición do seu Xulgado o seu fondo documental foi transferido ao Arquivo municipal.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A cronoloxía deste fondo vai dende a metade do século XVII a finais do XIX. A documentación pertence ao xulgado de Bouzas, cando a vila era un concello independente, de aí a súa importancia e valor histórico e patrimonial. Esta documentación xudicial está agrupada segundo a súa natureza. Dentro do apartado chamado Fe Pública, hai documentos notariais e rexistrais como protocolos, escrituras de compravenda ou certificados de nacemento. Por outro lado, temos expedientes vinculados a Órganos Xurisdicionais Superiores, como a Real Audiencia de Galicia, o Alcalde Maior de Tui ou o xuíz Ordinario e de Apelación de Santiago. E por último, os propios do Xulgado, que contan cunha ampla tipoloxía documental, por exemplo: certificacións, instancias, denuncias, exhortos, conciliacións ou querelas criminais.
Valoración, selección e eliminación Polo seu carácter histórico toda a documentación é de conservación permanente, de acordo coa Lei 16/1985 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Novos ingresos Non se esperan novos ingresos dado que se trata dun fondo pechado pertencente a unha institución desaparecida.
Organizació
O fondo está organizado en base a un cadro de clasificación orgánico-funcional composto por tres seccións, catro subseccións e vinte e oito series documentais: 1.- FÉ PÚBLICA 1.1.- Protocolos notariais 1.2.- Libros de coñecementos de preitos 1.3.- Escrituras notarias e rexistrais 2.- ÓRGANOS XURISDICIONAIS SUPERIORES 2.1.- Real Audiencia de Galicia 2.2.- Asistente e Xustiza Maior de Santiago 2.3.- Xuíz Ordinario e de Apelación de Santiago 2.4.- Alcalde Maior de Tui: Provisor eclesiástico 2.5.- Subdelegado da Intendencia Xeral de Tui 2.6.- Provisor e vicario xeral de Tui 2.7.- Subdelegado de Rendas Provinciais de Tui 3. XULGADO 3.1.- ADMINISTRACIÓN 3.1.1.- Correspondencia e certificacións 3.1.2.- Instancias e pedimentos 3.1.3.- Cargos e persoal 3.2.- ASUNTOS GOBERNATIVOS 3.2.1.- Expedientes de abintestatos 3.2.2.- Actas de poxa 3.2.3.- Comparecencias e declaracións 3.2.4.- Denuncias 3.2.5.- Expedientes de emancipacións, tutela e incapacidade 3.2.6.- Exhortos e despachos 3.2.7.- Informacións testemuñais 3.2.8.- Informacións posesorias 3.3.- XURISDICIÓN CIVIL 3.3.1.- Conciliacións 3.3.2.- Expedientes de procedementos civís 3.3.3.- Recursos e apelacións civís 3.3.4.- Libro rexistro de asuntos civís 3.4.- XURISDICIÓN CRIMINAL 3.4.1.- Autos de oficio 3.4.2.- Querelas criminais 3.4.3.- Libro rexistro de asuntos criminais
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Documentación de carácter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
Condicións de reprodución Reprodución libre a solicitude do interesado, coa excepción da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Documentación en soporte papel na súa totalidade. Aprécianse notables perdas documentais.
Instrumentos de descrición Índice en papel.
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fóra do arquivo municipal.
Existencia e localización de copias Non se coñece a existencia de copias.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Xulgado España Galicia Pontevedra Vigo Bouzas (San Miguel)
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Vigo Alcabre (Santa Baia) Bouzas (San Miguel) Coia (San Martiño) Coruxo (San Salvador) Matamá (San Pedro) Navia (San Paio) Oia (San Miguel) Saiáns (San Xurxo) Santo André de Comesaña (Santo André)
Nome dos puntos de acceso Xulgado de Bouzas (Tema) (Creador)