ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.596
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.660

COLECCIÓN HEMEROGRÁFICA

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36057.AM.VIG.

  • Título COLECCIÓN HEMEROGRÁFICA

  • Data(s) 1828-2010 (Creación) 1828-00-00 - 2010-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte Volume elevado por determinar con exactitude

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Vigo(1836-Actualidade) O Concello de Vigo está situado no suroeste de Galicia, pertencendo administrativamente á Provincia de Pontevedra. Limita no norte co Concello de Redondela, polo leste cos concellos de Mos e do Porriño, polo sur cos concellos de Gondomar e Nigrán, e polo oeste co Océano Atlántico e a Ría de Vigo. Este termo municipal ten orixe na Idade Media, período na que a organización territorial de ámbito local baseábase nos coutos, xurisdicións e vilas. A partir do século XVI, no Antigo Réxime, a organización territorial vaise desenvolvendo en base a tres niveis: un Reino-Provincia, as sete provincias, e a subdivisión destes en coutos e xurisdicións que, a súa vez, estarían compostas por parroquias. Neste período, Vigo pertencía á Provincia de Tui. No Catastro de Ensenada (1749) veñen referenciadas as seguintes territorialidades: o señorío de Valadares baixo a soberanía do Marqués que pon nela o xuíz ordinario e o mordomo pedánea; a xurisdición de Bouzas, composta por cinco parroquias e pertencente ao señoría do Bispado de Tui, quen nomeaba a un xuíz ordinaria e contaban cun escribán e rexedores; Fragoso, composto por catorce parroquias sendo o señorío do seu concello; e Vigo que só comprendía dúas parroquias e pertencía ao señorío do Arcebispado de Santiago. Contaba cun xuíz xeral, un presidente do concello, seis rexedores, seis deputados de abastos, dous procuradores xerais e un secretario do concello. Co cambio de Réxime e a instauración do liberalismo establecéronse os concellos constitucionais aínda que de forma intermitente debido aos sucesivos períodos absolutistas e liberais do primeiro terzo do século XIX. A altura de 1813, no Partido Xudicial de Tui estarían encadrados os concellos de Bouzas, Fragoso, Lavadores, Valadares e Vigo. Posteriormente, en 1820, no repartimento que fai a Deputación Única de Galicia aparecen citados os concellos de Bouzas, Cabral, Lavadores, Teis, Valadares e Vigo, todos eles incluídos no Partido Xudicial de Vigo. En 1822 realízase a división de Galicia en catro provincias constituíndose a efémera Deputación da Provincia de Vigo conformada por 11 partidos xudiciais. A esta altura mantíñanse os concellos de Bouzas, Cabral, Teis, Valadares e Vigo. Finalmente, e tras a aprobación da división provincial de Javier de Burgos en 1833 e a aprobación do RD do 23 de xullo de 1835, estableceríase a nova planta dos concellos constitucionais da provincia na que constaban os tres concellos que acabarían unificándose no actual Concello de Vigo: o Concello de Bouzas conformado por nove parroquias (Bouzas, Coia, Alcabre, Comesaña, Matamá, Navia, Coruxo, Oia e Saiáns); o Concello de Lavadores composto por sete parroquias ( Lavadores, Candeán, Cabral, Bembrive, Beade, Valadares e Zamáns); e o Concello de Vigo que abranguía seis parroquia (Santa María de Vigo, Santiago de Vigo, Teis, Freixeiro, Castrelos e Sárdoma). Tras a publicación da nova planta en 1836 existirían algunhas reclamacións para modificar a composición destes concellos. En 1837, Teis e Candeán queren segregarse e conformar un concello propio. En 1842 serán as parroquias de Freixeiro e Castrelos os que soliciten a segregación e a conformación como concello. En 1844, Valadares e Zamáns piden segregarse do Concello de Lavadores e conformarse como concello propio. Nese mesmo ano, os veciños de Teis pedirán segregarse do Concello de Vigo e integrarse en Lavadores, do que formarán parte tras a aprobación do RD do 11 de xaneiro de 1846. Posteriormente, tras a Revolución de 1868, a Xunta Revolucionaria de Vigo acorda disolver os concellos de Bouzas e Lavadores e integralos en Vigo aínda que esta integración ficou sen efectos ao pouco de se producir. Non obstante, a integración destes dous concellos acabaría producíndose no século XX. Bouzas sería o primeiro, integrándose de forma efectiva o 5 de outubro de 1904 de conformidade á Lei de Cortes do 30 de abril dese mesmo ano. Así e todo, esta integración tería un precedente coa anexión da parroquia de Coia ao Concello de Vigo anos antes. Pola súa parte, o Concello de Lavadores sufriría unha segregación dentro do seu termo municipal. Neste caso sería a parroquia de Teis a se conformarían como concello durante un breve lapso de tempo (1935-1936). Finalmente, e tras o acordo do Consello de Ministros do 27 de marzo de 1941 o Concello de Lavadores sería anexionado ao Concello de Vigo dando por finalizada a evolución territorial desta administración local. Xa que logo, o actual concello de Vigo é froito dunha longa evolución que deu lugar á maior cidade de Galicia en número de habitantes. Ten unha superficie de 106 km cadrados e dezasete parroquias administrativas: Alcabre, Beabe, Bembrive, Cabral, Candeán, Castrelos, Illas Cíes, Comesaña, Coruxo, Lavadores, Matamá, Navia, Oia, Saiáns, Sárdoma, Valadares, Vigo e Zamáns. As parroquias históricas de Bouzas, Coia, Freixeiro, San Paio e San Xoan do Monte non teñen esta consideración dado que foron integradas na parroquia administrativa de Vigo.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Vigo

  • Forma do ingreso Por compra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A colección hemerográfica está composta por diferentes publicacións, tanto oficiais como de entidades privadas. Estas últimas abranguen diversos materiais como xornais diarios ou semanais e publicacións periódicas. No referido ás publicacións oficiais podemos destacar, pola súa extensión cronolóxica e o seu volume, a colección do Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e o Boletín Oficial do Estado. Da primeira consérvanse a práctica totalidade dos exemplares, sendo o primeiro número anterior, incluso, á implantación da propia Deputación de Pontevedra. Así, o primeiro exemplar está datado en 1835 e o último en 2010. Da segunda, consérvanse varios exemplares da primeira metade do século XIX e a práctica totalidade dos exemplares a partir de 1870. Por outra parte, tamén son moi destacadas outras publicacións oficiais, a pesar da súa reducida extensión cronolóxica e da seu escaso volume, como son o Boletín Oficial de Galicia (1833) e o Boletín Oficial da Provincia de Vigo (1840). Xunto a estas publicacións tamén podemos mencionar outras como o Diario Oficial de Galicia, o Boletín Oficial das Cortes Xerais (Congreso e Senado) ou o Boletín do Rexistro Mercantil.

  • Valoración, selección e eliminación Non se realizou ningunha expurgación, excepto aqueles exemplares duplicados.

  • Novos ingresos Non se esperan novos ingresos de boletíns oficiais dada a súa publicación electrónica. A colección, no que se refire ás publicacións xornalísticas e seriadas, pode ser ampliada a través da adquisición de novos números ou títulos.

  • Organizació

    A colección hemerográfica está composta por materiais de diferentes produtores e diversas tipoloxías, podéndoos agrupar e estruturar da forma a seguir:
    
    1.- PUBLICACIÓNS OFICIAIS.
    
    1.1.- Boletín Oficial da Provincia de Vigo (1840).
    1.2.- Boletín Oficial de Galicia (1833).
    1.3.- Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (1835-2010).
    1.4.- Boletín Oficial do Estado (1828-2008).
    1.5.- Diario Oficial de Galicia (1978-2010).
    1.6.- Diario Oficial das Comunidades Europeas (1997).
    1.7.- Boletín Oficial das Cortes Xerais (1980-1991).
    1.8.- Boletín do Rexistro Mercantil (1990-1991).
    
    2.- PUBLICACIÓNS XORNALÍSTICAS.
    
    2.1.- El Pueblo Gallego.
    2.2.- La Hoja del Lunes.
    2.3.- Faro de Vigo.
    2.4.- Diario de Galicia.
    2.5.- A Nosa Terra.
    2.6.- Outros diarios.
    
    3.- PUBLICACIÓNS SERIADAS.
    
    3.1.- Vida Gallega.
    3.2.- El Pope.
    3.3.- Outras publicacións seriadas

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación de libre acceso.

  • Condicións de reprodución Reprodución libre a solicitude do interesado, coa excepción da protección documental e da salvagarda da súa integridade, así como das limitacións impostas pola normativa legal vixente en material de protección da propiedade intelectual.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Documentación en soporte papel na súa totalidade. Copias dixitais en soporte CD-ROM do Faro de Vigo e El Pueblo Gallego

  • Instrumentos de descrición Índice parcial en papel

Área de documentación

  • Existencia e localización de copias Ao tratarse de publicacións editadas e comerciais, poden encontrarse copias, tanto en soporte papel como en soporte dixital, en diferentes arquivos e bibliotecas.

Área de notas

  • Nota Dado que se trata dunha colección, o nome do produtor fai referencia á Institución, neste caso o Concello de Vigo, que foi a responsable da súa adquisición e recompilación.

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Vigo (Tema) (Creador)

Área de control da descrición