Fondos
1. PUBLICACIÓNS OFICIAIS
PUBLICACIÓNS OFICIAIS
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36057.AM.VIG..1
Título PUBLICACIÓNS OFICIAIS
Data(s) 1828-2010 (Creación) 1835-2010 (Produción)
Volume e soporte 2.854 unidades de instalación
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo municipal de Vigo
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Esta sección contén as publicacións oficiais custodiadas na hemeroteca municipal. Podemos destacar, pola súa extensión cronolóxica e o seu volume, a colección do Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e o Boletín Oficial do Estado. Da primeira consérvanse a práctica totalidade dos exemplares, sendo o primeiro número anterior, incluso, á implantación da propia Deputación de Pontevedra. Así, o primeiro exemplar está datado en 1835 e o último en 2010. Da segunda, consérvanse varios exemplares da primeira metade do século XIX e a práctica totalidade dos exemplares a partir de 1870. Por outra parte, tamén son moi destacadas outras publicacións oficiais, a pesar da súa reducida extensión cronolóxica e da seu escaso volume, como son o Boletín Oficial de Galicia (1833) e o Boletín Oficial da Provincia de Vigo (1840). Xunto a estas publicacións tamén podemos mencionar outras como o Diario Oficial de Galicia, o Boletín Oficial das Cortes Xerais (Congreso e Senado) ou o Boletín do Rexistro Mercantil.
Organizació
Esta sección está composta polas series documentais a seguir: 1.- PUBLICACIÓNS OFICIAIS. 1.1.- Boletín Oficial da Provincia de Vigo (1840). 1.2.- Boletín Oficial de Galicia (1833). 1.3.- Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (1835-2010). 1.4.- Boletín Oficial do Estado (1828-2008). 1.5.- Diario Oficial de Galicia (1978-2010). 1.6.- Diario Oficial das Comunidades Europeas (1997). 1.7.- Boletín Oficial das Cortes Xerais. Congreso (1980-1991) 1.8.- Boletín Oficial das Cortes Xerais. Senado (1980-1991). 1.9.- Boletín do Rexistro Mercantil (1990-1991).
Ãrea de notas
Nota