ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

ESCOLA DE NENOS

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36057.AM.VIG.12.

  • Título ESCOLA DE NENOS

  • Data(s) 1751-1886 (Creación)

  • Volume e soporte 3 unidade de instalación con 136 expedientes ou agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Escola de Nenos(s.XVIII-1843) A Obra Pía da Escola de Primeiras letras de Vigo ten a súa orixe na fundación realizada por Genaro Garza Quiroga, residente na cidade mexicana de Veracruz, se ben non se sabe con certeza o ano da mesma, existindo información dende 1803. Desde ese mesmo momento tense tamén constancia da existencia do Estudo de Gramática, situado no Convento de San Francisco e sostido cos fondos do mesmo legado. A partir de 1841 o Concello, que exercía de patrón da Obra Pía nos anos previos, absorbe á mesma e ocúpase da súa xestión, comezando a abrirse novos establecementos educativos na cidade.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Vigo

  • Forma do ingreso Descoñécese pero é posible que por transferencia dado que o Concello era patrón da Obra Pía

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido O fondo das Escolas de Nenos componse de apenas tres unidades de instalación, repartidos entre os anos 1751 e 1886. A maior parte dos documentos conservados fan referencia á xestión económica do legado e a administración do patrimonio, aínda que tamén se atopan regulamentos, listados de alumnos, expedientes relativos a obras de acondicionamento ou correspondencia.

  • Valoración, selección e eliminación Non se realizou ningún expurgo dado a pequena dimensión do fondo e o seu carácter patrimonial e de conservación permanente.

  • Novos ingresos Non se esperan novos ingresos dado que se trata dun fondo pechado pertencente a unha institución desaparecida.

  • Organizació

    O fondo está organizado en nas seccións e series a seguir:
    
    1.- DOCUMENTACIÓN DE CARÁCTER ADMINISTRATIVO
    1.1. Correspondencia
    1.2.- Expedientes de persoal
    1.3.- Expedientes xurídico-administrativos
    
    2.- DOCUMENTACIÓN DE CARÁCTER PATRIMONIAL
    2.1.- Expedientes de patrimonio
    2.2.- Expedientes de obras e subministracións
    
    3.- DOCUMENTACIÓN DE CARÁCTER EDUCATIVO
    3.1.- Normas e regulamentos
    3.2.- Expedientes de educación
    3.3.- Alumnos
    
    4.- DOCUMENTACIÓN DE CARÁCTER ECONÓMICO
    4.1.- Aprobación de contas
    4.2.- Cobros de rendas

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación patrimonial de libre acceso.

  • Condicións de reprodución Reprodución libre a solicitude do interesado, coa excepción da protección documental e da salvagarda da súa integridade.

  • Instrumentos de descrición Catálogo informatizado accesible a traves do portal Atopo: https://atopo.depo.gal/

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fóra do arquivo municipal.

  • Existencia e localización de copias Non se coñece a existencia de copias

  • Unidades de descrición relacionadas Dado que o Concello de Vigo era membro do padroádego de varias institucións, pódese encontrar documentación referidas ás contas da Escola de Nenos nos fondos da Capela do Castro e do Hospital de Pobres de Vigo, tamén custodiados no Arquivo municipal

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Escola de Nenos (Tema) (Creador)

Área de control da descrición