Fondos
ES.GA.36057.AM.VIG.11. COLEXIATA DE SANTA MARÍA DE VIGO
COLEXIATA DE SANTA MARÍA DE VIGO
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36057.AM.VIG.11
Título COLEXIATA DE SANTA MARÍA DE VIGO
Data(s) 1578-1931 (Creación) 1578-00-00 - 1931-00-00 (Produción)
Volume e soporte 8 unidades de instalación con 254 expedientes ou agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Colexiata de Santa María de Vigo(s. XII-Actualidade) A historia da Colexiata de Santa María de Vigo é relativamente descoñecida. Algúns documentos permiten saber que arredor do século XII xa existía a vila de Vigo que contaba daquela con dúas igrexas: Santa María e Santiago, ambas dependentes do Bispado de Tui. A Igrexa de Santa María estaba situada no centro da localidade, sendo un templo de estilo románico. Cara o século XV o florecemento demográfico da vila permite a construción dun novo edificio, neste caso de estilo lombardo, rematado en 1403. Daquela primitiva construción consérvanse o tímpano e algunhas partes do seu retablo. A finais dese século, en 1497, o bispo Pedro Beltrán elevaríaa ao rango de Colexiata. O devir do templo nos seguintes anos estivo marcado polas invasións. Así en 1589 Santa María era saqueada polo corsario Francis Drake, motivo polo que o rei Felipe II concede un privilexio real a favor da fábrica da mesma para a súa reconstrución, establecendo que fora o concello o encargado de designar este cargo. Esta doazón é a orixe do padroádego do Concello de Vigo sobre a igrexa colexial. Novos ataques como os dos berberiscos de 1617, os portugueses a partir de 1640 ou os ingleses de 1702 e 1719 manterán a construción nun estado moi precario. Así, en 1728, e debido ao descenso da poboación e das rendas, redúcese o número de racioneiros da igrexa de seis a dous. A pesar das reparacións realizadas ao longo do século XVIII, en 1813 a explosión da polvoreira do Castelo de San Sebastián conmove a igrexa provocando a súa ruína total. O Concello encargará ao arquitecto Melchor Prado Mariño o deseño do actual inmoble, realizado en estilo neoclásico. Posteriormente o crecemento da importancia de Vigo dentro da súa diocese leva á elevación da Colexiata primeiro a Concatedral e máis tarde a Basílica.
Institución arquivística Arquivo municipal de Vigo
Forma do ingreso Por transferencia
Área de contido e estrutura
Alcance e contido O fondo da Colexiata de Santa María componse de oito unidades de instalación, cunha extensión de 0,88 metros lineais. A documentación distribúese entre os anos 1578 e 1931. É un fondo con importantes perdas documentais, xa que nos distintos ataques sufridos pola cidade a documentación conservada, ben no Concello ou be na propia igrexa foi sufrindo perdas de todo tipo. A maioría dos rexistros correspóndense co exercicio dos dereitos do padroádego que o Concello ostentaba sobre a Colexiata, especialmente aqueles referidos ás contas e nomeamentos de diversos cargos, así como ás obras do novo templo ao longo do século XIX.
Valoración, selección e eliminación Non se realizou ningunha expurgación
Novos ingresos Non se esperan novos ingresos dado que o Concello de Vigo xa non está integrado no padroádego da Institución.
Organización
O fondo está organizado en cinco series documentais: 1.- Expedientes da administración (1620-1908) 2.- Expedientes de persoal (1816-1931) 3.- Culto relixioso (1578-1898) 4.- Expedientes de obras (1653-1934) 5.- Asuntos económicos (1593-1907)
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Documentación patrimonial de libre acceso.
Condicións de reprodución Reprodución libre a solicitude do interesado, coa excepción da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
Instrumentos de descrición Catálogo informatizado accesible a traves do portal Atopo: https://atopo.depo.gal/
Área de documentación
Unidades de descrición relacionadas No Arquivo Capitular e Histórico Diocesano de Tui podemos encontrar, dentro do fondo Histórico da Curia Diocesana de Tui-Vigo, documentación relacionada coa Colexiata de Vigo: 4.13. Colexiata de Vigo 4.13.1. Actas Capitulares (1616-1691) 4.13.2. Capelanías e Obras Pías (1570-1816) 4.13.3. Confrarías Santísimo Rosario (1736-1800) 4.13.4. Circulares (1790-1862) 4.13.5. Foros e Rendas (1562-1769) 4.13.6. Reparacións (1807-1836) 4.13.7. Hospital (1599-1835) (http://arquivos.depo.gal/?1,6457) Ademais, dentro deste mesmo Arquivo pódemos sinalar a existencia dos arquivos parroquiais entre os que se encontra o fondo da freguesía de Santa María de Vigo. (http://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/es.ga.36055.ahdt/es/consulta/registro.do?id=302374)
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias IGREXA
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Vigo
Nome dos puntos de acceso Colexiata de Santa María de Vigo (Tema) (Creador)
Área de control da descrición
Identificador da institución DEPO00201099856